17/12/18
10/12/18
FESTA 50 ANIVERSARIO
Pois xa pasou o día pero aínda queda nos nosos corazóns e nas nosas mentes a marabillosa celebración deste 50 Aniversario do CEIP Coirón-Dena.
Unha celebración que non houbera sido posible sen o apoio de ANPA, familias, mestres/as, nenos/as e o Concello de Meaño, aos que lle agradecemos de todo corazón o apoio, o agarimo e o traballo que puxeron para que isto fora posible. Tamén debemos dar grazas A Asociación Cultural Penaguda, aos Danzantes de Cobas e á Banda de Música de Meaño. Nestas agrupacións houbo, hai e haberá alumnos e alumnas do noso centro, polo que a súa participación aínda se fixo moito máis significativa.
Dar grazas tamén ao CEIP As Covas por deixarnos os xogos tradicionais e vir a apoiarnos neste gran día.
E como non agradecer a todos e todas os/as asistentes que quixeron estar connosco disfrutando e celebrando este cumpreanos do colexio. Miraras para onde miraras atopabas con caras de ledicia, con apertas, palabras de agarimo e outras mostras de cariño entre antigos alumnos e antigos mestres e mestras, pois foron moitos os que se achegaron a pasar o día connosco.
GRAZAS, GRAZAS e mil veces GRAZAS!!
Aquí vos deixamos alugúns deses momentos de celebración e festa O pabillón parecía unha gran sala de festas, estaba precioso. A ANPA Sementeira traballou moitas horas para deixalo así de bonito e o Concello enmoquetou o chan, facéndoo mais cálido e acolledor.
Os xogos tradicionais do CEIP As Covas fixeron a ledicia de grandes e pequenos que botaron boas risas xogando e compartindo momentos de risa e diversión
As actuacións de Penaguda, Os Danzantes de Cobas e A Banda de Música de Meaño amenizaron o tempo antes da comida e pola tarde tivemos aos nosos grandes artistas do colexio que cantaron, dirixidos polo profe Rafa, algúns dos "Grandes Éxitos do colexio".
O Photocall matutino
O photocall de tarde

7/12/18
2/12/18
19/11/18
Celebramos o magosto coa Asociación Penaguda
O Pasado venres foi día de magosto, este ano contamos coa colaboración da Asociación Cultural Penaguda que amenizou a festa a tocando pezas moi típicas da nosa terra. Os nenos e nenas, así como os mestres e mestras rematamos a festa bailando gracias a eles. Foi un pracer escoitalos e dende aquí queremos agradecerlles a súa colaboración e os regalos que nos fixeron.
Penaguda foi outra das asociacións que naceu no colexio fai moitos anos e que de seguro seguirá adiante para disfrute e goce de todos os meañeses
Penaguda foi outra das asociacións que naceu no colexio fai moitos anos e que de seguro seguirá adiante para disfrute e goce de todos os meañeses
Visita da Asociación A Telleira de Dena
Seguindo co programa do 50 Aniversario, o venres pasado visitáronnos a Asociación de Mulleres Ruraria A Telleira de Dena para mostrarnos como fan encaixe de bolillos e cestas. Aos nenos e nenas encantoulles ver como traballaba e algúns dixeron abertamente que queren tamén aprender a facer estas marabillas.
Esta asociación tamén naceu fai moitos anos no noso cole, cos alumnos e mestras de aquel entón, e esas antigas alumnas que a fundaron seguen manténdoa viva aínda hoxe en día. Todo un orgullo que esta asociación nacera aquí.

17/11/18
UNHA VIAXE NO TEMPO
Ao longo de todo este mes temos a oportunidade de facer unha viaxe no tempo visitando a Biblioteca Raticonto, "Aló polo 1968..."
12/11/18
Saída a Soutomaior
Que ben o pasaron os nenos e nenas de 4 e 5 anos de infantil e os de primeiro no Castelo de Soutomaior cos nenos e nenas de Porto Cabeiro de Redondela. Esta excursión fíxose esperar (ía facerse o curso pasado, pero polo mal tempo houbo que pospoñela), aínda así valeu a pena... Foi unha xornada de convivencia digna de lembrar.
8/11/18
TÚNEL DO MEDO 2018
Este ano tiñámolo moi difícil para facer o túnel do medo...
O 50 Aniversario tenos moi ocupados. Pero cando se conta cun ANPA e unhas familias dispostas a todo por facer que os nenos e as nenas teñan todo tipo de experiencias, todo se pode facer!!
Grazas por esta ilusión e polo voso apoio incondicional!! Daba medo de verdadeeeee, aquí podedes ver as caras de pavor de grandes e pequenos pero sen perder nunca o sentido do humor.
Para poder descargar as fotos este é o enderezo: Fotos Samaín 2018

1/11/18
SAMAÍN!!!
Chegou o día tan esperado...
Pero non todo ían ser sustos... aquí tedes as nosas cabazas...unha auténtica artistada, a que si?
Gañadoras e gañadores do concurso de cabazas recibindo o seu agasallo pola intrépida e trepidante "Mosca Chosca" e coas súas creacións. Cabazas mellor pintadas, mellor talladas e máis orixinais.Parabéns!!!
Novidade deste curso. Unha obra de teatro protagonizada por vellos coñecidos...

14/10/18
1º ciclo visita aos bombeiros do Campiño
Así da gusto aprender!!
Fomos a visitar aos bombeiros do Campiño en Marcón, Pontevedra. Ao chegar xa tivemos a primeira sorpresa, un camión de bombeiros. Fomos logo a ver uns vídeos sobre os incendios e o traballo que fan estos grandes homes, pero de repente saimos a fume de carozo da sala xa que o helicóptero que teñen e estaba apagando o lume de Mondariz, chegaba para repostar queroseno.
Subimos ao heliporto e alí explicáronnos a fondo como é o traballo destas brigadas. Coñecemos aos bombeiros que viñan de Mondariz e contáronnos o que estaba pasando alí.
Mentras os pilotos descansaban deixáronnos subir por turnos ao helicóptero e velo de cerquiña, que marabilla!!
Baixamos do heliporto para, dende un lugar seguro, despedir ao helicóptero e aos valentes que ían nel.
Fomos a merendar e despois todos/as fixemos de bombeiros con casco e mangueiras profesionais. Finalmente todos e todas fixemos o xuramento dos cortalumes. Agora o alumnado de 1º e 2º do CEIP Coirón Dena SOMOS CORTALUMES!!
Foi un gran día!
Dende aquí queremos agradecer aos bombeiros que nos recibiran incluso prescindindo do seu día libre, xa que moitos estaban en Mondariz traballando arreo para acabar co lume, tamén o noso recoñecemento polo gran traballo que fan e porque sabemos que con xente coma vós podemos sentirnos a salvo
GRAZASSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSS!

20/9/18
Xogamos no patio novo...
O prometido é deuda. Por fin temos xa unha nova zona de xogo con múltiples posibilidades. Hoxe foi a inauguración. Mirade que caras de felicidade...
Isto foi posible grazas a toda a comunidade educativa do CEIP Coirón Dena (nenos e nenas, familias e mestres e mestras) e ao ConcellO (quen puxo o chan e preparouno para a instalación).
Os soños fanse ás veces realidade, só é cuestión de traballar xuntos e perseguir con tesón as metas. A disfrutaloooooo...

12/9/18
27/6/18
Festival fin de curso
Que día tan completo e divertido, música a esgallo, e diversión para todos e todas. Estamos rodeados de grandes artistas, é certo que Rafa saca o mellor de vós pero se non houbera materia prima pouco se podería facer. Este ano ademais hasta cantastes en English. Xeinais!!
Graduación 6º de Primaria
E chegou o momento mais esperado pero tamén mais temido, que ledicia velos aí feito uns pequenos/as homes/mulleres, pero que peniña telos que despedir...
Lembrádenos sempre como mesmo agarimo que vos lembraremos nós. Moita sorte e sobre todo non esquezades nunca o respecto ao s demais e a vós mesmmos/as. Biquiños e apertas para os nosos tesouros grandes!!
Excursión a Manzaneda
Un merecido descanso despois de un intenso traballo... Que ben o pasaron os nosos rapaces e rapazas en Manzaneda. Son instantes para non esquecer, risas, aire libre, tempo de lecer, novas experiencias e sobre todo camaradería.
Graduación do alumnado de sexto de infantil
Os peques medran, medran moi rápido, aínda parece que foi onte cando este grupiño de nenos e nenas chegaban ao cole por primeira vez da man dos seus pais e nais...E fai uns días resulta que xa rematan a educación infantil e están listos para dar un dos seus grandes pasos, aterrar en educación primaria.
Daba xenio velos tan guapos e guapas, tan sorrintes, e tan agarimosos coa súa mestra Maribel que lles adicou unhas fermosísimas palabras.
Grazas "peques grandes" por ser tan marabillosos, grazas Maribel por acompañalos e grazas familias por confiarnos os vosos maiores tesouros.

24/5/18
Xogos Populares en Silleda
O alumnado de sexto viaxou o mércores 23 a Silleda. Alí se celebrarou unha convivenica deportiva na que participaron alumnos de ciferentes centros da provincia de Pontevedra. Os xogos populares foron os protagonistas desta xornada, na que os nosos alumnos e alumnas xogaron á Billarda, os Bolos Celtas e a Chave. Despois de tanta actividade foi o turno de repoñer forzas coa merenda. Todos e todas o pasaron moi ben, desfrutando dun día soleado e cun gran ambiente deportivo.
17/5/18
1/5/18
DON ROBERTO VARELA FARIÑA
Comezando a andaina da celebración do noso 50º aniversario dun xeito moi especial. A visita dun persoeiro da vida pública, a nivel internacional, grazas ao seu traballo como diplomático en lugares tan dispares como Alemaña,Kuwait, Estados Unidos(Nova York) ou Urugüai ou política como Conselleiro de Cultura e Turismo na nosa Xunta, actualmente Director Xeral da Axencia Española de Cooperación Internnacional para o Desenvolvemento(Aecid), Don Roberto Varela Fariña estivo connosco.
3/4/18
Atletismo en pista en Pontevedra
O Pasado xoves 22 celebrouse en Pontevedra unha xornada de promoción de Atletismo en pista fomentada pola Secretaría Xeral para o Deporte. Ata o Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, desprazáronse o alumnado de quinto de primaria. Todos xuntos e en compañía doutros centros da comarca do Salnés, desfrutamos dunha xornada deportiva moi soleada e agradable.
22/3/18
POR FIN NO NOSO COLE...MARÍA CANOSA!!!
Máñá máxica da man dunha creadora sen par...María Canosa...
Grazas pola túa visita e por facernos gozar duns momentos inolvidables primeiro léndote e onte, téndote connosco!!!
21/3/18
3ª Xornada Deporte na Escola
O martes 20, celebramos no centro a terceira xornada de "Deporte na Escola", esta vez foi o turno para os nenos e nenas de 5ºA. O colexio visitante foi o CEIP Noalla-Telleiro. Desfrutamos dunha xornada moi divertida e activa no pavillón do noso colexio.
9/3/18
A QUE MULLER ADMIRAS?
A nosa caixa de correos preparada para que todas e todos falemos das mulleres que admiramos...pode que non estean moi lonxe de nós...
E ti, a que muller admiras?
7/3/18
2ª Xornada Deporte na Escola
O pasado mércores celebrouse no colexio Abrente de Portonovo a segunda xornada de Deporte na Escola, organizada pola Agrupación Deportiva Val do Salnés. Ata alí se desprazou o alumnado de 3ºB, para desfrutar de esta xornada deportiva. Unha vez máis, reinou o bo comportamento e a diversión. Aquí deixamos unha imaxe dos nenos participantes
15/2/18
Xogaloita 4ºPrimaria
O pasado mércores 31 de xaneiro celebrouse no pavillón de Portonovo a actividade de "Xogaloita" onde o alumnado de 4º de primaria pudo desfrutar dunha xornada de práctica deste deporte inusual na comarca.
12/2/18
Desfile e festa do Entroido 2018
Foi unha gran festa pero que non sería posible sen a vosa marabillosa colaboración.
Grazas por esos doces tan ricos, grazas por asistir, grazas por participar na compra das rifas para a cesta do antroido, grazas a ANPA por ese chocolate riquísimo e quentiño e grazas a todos os que fixestes posible o sorteo das rifas (Anpa Sementeira, A Taberna de Cancela, Supermercado Lolita e Frutas Dena).
Seguimos perseguindo o noso soño, ter ese novo patio pero ademais estamos mergullados no comezo dos eventos do 50 Aniversario do colexio, serán moitos e momentos fantásticos que viviremos xuntos!

6/2/18
ENTROIDO 2018!!!
VENRES...FESTAAAAA!!!
XOVES...DISFRACES...
MÉRCORES...BABEIROS...
MARTES...LENTES...
LUNS...PEITEADOS...
MARTES...LENTES...
LUNS...PEITEADOS...
30/1/18
ALL YOU NEED IS LOVE
Hoxe celebramos o Día da Paz.
Por un patio sen conflitos.
Porque imaxinamos e queremos un mundo mellor.
E...ALL YOU NEED IS LOVE!!!
Porque imaxinamos e queremos un mundo mellor.
E...ALL YOU NEED IS LOVE!!!
16/1/18
10/1/18
9/1/18
Festival de Nadal 2017
Aquí tedes unhas cuantas fotos do Festival de Nadal que fixemos para os nenos e nenas do colexio, este ano serviunos de ensaio para ao día seguinte poder mostrarvos ás familias os bos artistas que somos. Grazas pola acollida e tamén por ser e estar...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)