28/12/22

OBRADOIRO DE GÓSPEL

Mércores, 14 de decembro, visítanos Diana Tarin, cantante, mestra de canto, cubana de nacemento, galega de adopción, para ofrecernos un obradoiro cheo de música e baile.

23/12/22

IMOS DE CINE

Mércores, primicia cinematográfica, asistimos á estrea de "El gato con botas: el último deseo". Viaxe a Vilagarcía de Arousa, todiñas e todiños alá fomos...xa o botabamos de menos...Así que, tivemos unha mañá...DE CINE!!!

OBRADOIROS DA ANPA PARA O NADAL

O luns e martes unhas mamás da ANPA viñeron ao centro para axudarnos, nuns obradoiros, a crear adornos de Nadal para estas Festas. Árbores, flores, bonecos de neve...houbo de todo para todas e todos. Grazas por esta iniciativa que esperamos se repita nos vindeiros cursos!

22/12/22

3 de decembro. Día Internacional das persoas con Diversidade Funcional.

A inclusión é condición esencial para o respecto aos dereitos humanos a sostibilidade, a paz e a seguridade. "Non deixar a ninguén atrás" debe ser a nosa premisa. Respectar os dereitos das persoas con diversidade funcional non é só cuestión de xustiza senón unha inversión no noso futuro en común.

11/12/22

PLAN DIRECTOR

Como vén sendo habitual nestes últimos cursos, o alumnado de 5º e 6º participou nas charlas sobre violencia de xénero e ciberacoso ofertadas polo Plan Director.

Charla sobre a disposición correcta do lixo.

Voz Natura ofreunos, da man do Concello de Meaño, unha charla sobre como colocar o lixo no seu contenedor axeitado, ademais do impotante que é tomar conciencia do coidado da nosa contorna, sentindo onde vivimos e facendo todo o posible por mantela limpa. Recordade: NON TEMOS PLANETA B!!!


 

7/12/22

Obradoiro reciclaxe papel 5º e 6º

Obradoiro de Voz Natura no que soubemos desde a procedencia do papel, o que se empregaba antes do seu invento, quen o trouxo ata nós, distintas texturas...e, finalmente, como reutilizalo. Concienciarnos da reciclaxe e da súa importancia para coidar a nosa contorna e, por ende, o noso planeta. Recordade que non temos planeta B!!!

En 1º B reciclamos papel

Obradoiro de Voz Natura.As nenas e os nenos de 1º B aprendemos como se recicla papel.

25 de novembro Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero

Porque pensamos que un futuro sen violencia contra a Muller é posible con Educación, Sensibilización e Empatía.

2/12/22

Magosto 2022 nos Pasales

Mañá con sol, paseo, Pasales, xogos populares, música, baile, castañiñas recén asadas e diversión, moita
diversión...quen dá maís?




                         

17/11/22

TÚNEL DO MEDO CURSO 2022-23

Un breve pero intenso paseo polos nosos medos, iso é o que representa o noso túnel do medo que, ano a ano, fai as delicias de todos aqueles e aquelas que desexan internarse en el. Esperando xa o vindeiro aquí vos amosamos o acontecido no deste curso. Grazas ás nais a aos pais que fixeron posible este momento de disfrute total no nome de todo o alumnado e profesorado do centro.

31/10/22

Un Samaín arrepiante!!!

O pasado venres celebramos o esperado Samaín...Entre sustos e sustazos pasámolo de medo...de medo medroso...Xa queda menos para o vindeiro!!!

23/9/22

Un novo curso por diante...

Comeza un novo curso, e de seguro cheo de sorpresas e boas novas, un curso por fin normalizado e coas pilas recargadas despois dun verán festeiro e con moito movemento. Miade que cariñas de ledicia e bo ánimo traen todos e todas.

27/6/22

Festa de Fin de Curso

Festexamos o fin de curso por todo o alto, con inchables, música e moitas actividades divertidas.

20/6/22

Os de 6º de Infantil xa van para Primaria

Como di a canción as nenas e nenos de 5 anos nos despedimos do mandilón e do patio de Infantil. Pero nos imos sorrindo e bailando así que non te perdas o vídeo da nosa graduación!

Os maiores do centro se gradúan.

As nenas e nenos de 6º de Primaria se graduaron este mércores e fixemos unha entrega de diplomas moi divertida (con baile e sorpresas).

18/6/22

CONCURSO "XOGA COAS MANCIÑAS"

O mércores 15, a Deputación de Pontevedra acolleu a entrega dos premios do V Concurso "Xoga coas manciñas" impulsado pola Organización de Diversidade Sensorial de Galicia Xoga polo Día Nacional das Linguas de Signos. O noso centro participou co vídeo gravado co gaio da celebración do Día Internacional da Paz e non Violencia no que o alumnado interpretaba, coa linguaxe de signos, o tema "Chea de Vida" , de Guadi Galego. Acadamos o segundo posto no apartado de Centros. Alá fomos unha representación do colexio recoller o noso galardón.

4/6/22

I XORNADA DE VELA

O venres, 3 de xuño, as nenas e os nenos de 4º marchamos ao Náutico de Sanxenxo practicar o que nos ensinaron o pasado xoves sobre a navegación a vela. Unha actividade apaixonante dentro do XOGADE.

29/5/22

DEPORTE ESCOLAR

Xornada deportiva no cole, coñecendo a compañeiros e compañeiras de outros centros e pasando unha mañá distinta practicando o aprendido en Educación Física.


 

OBRADOIRO DE RÉPTILES

Un obradoiro certamente distinto. O mundo dos réptiles, as súas características e a importancia de concienciarse de que este tipo de animal non é unha mascota, e que teriamos que pensar moito en facernos con un simplemente por un capricho ou porque é "distinto" traelos para a casa...sofisticado", sen teres en conta as consecuencias posteriores. Deixémolos no seu hábitat, en liberdade que é como deben estar. É o seu dereito!"


 

23/5/22

O MAIO E AS LETRAS GALEGAS

O pasado venres 13 celebramos o Día das Letras Galegas xunto co Maio. Despois dunha semana de montaxe e preparación, ensaios dos nosos maios, chegou o día . Grazas a todas e todos pola vosa colaboración. Velaquí o resultado.

18/5/22

VOLEIBOL 5º

O alumnado de 5º participou nunha competición de voleivol en Portonovo dentro do Programa Xogade. Aquí tedes un pequeno vídeo co acontecido.

16/5/22

TEATRO CARACOL

Volveu a ilusión teatral de todos os anos. O TEATRO CARACOL despois deste forzado parón, xa de xeito presencial, para gozar das aventuras e dun espectáculo en vivo e directo. Grazas mil por achegarnos ao mundo da fantasía enriba dun escenario!!!

OABRADOIROS COMPORTAMENTO AFECTIVO -SEXUAL

Obradooiros para coñecernos e coñecer, para respectarnos e respectar, para romper com prexuízos, para ser.

14/3/22

I Carreira pola igualdade

A igualdade é un gran reto para todos e todas nós, e para axudar a concienciar da importancia deste concepto este ano celebramos unha carreira para darlle toda a importancia que merece. Nesta carreira o menos importante era chegar o primeiro/a.

3/3/22

Entroido 2022

Este ano o entroido foi algo diferente no noso colexio, animámonos a saír cos nenos e nenas á rúa e facer un pasarrúas hasta a Praza Nova, e alí botamos uns bailes imitando ao melloriño de Eurovisión. Ao chegar había sorpresa, chocolate quentiño con rosca.

 Grazas a todos e todas os que fixestes que este entroido fose tan delicioso e divertido!!

 

Durante a semana do Entroido o Emocionómetro chegou ás nosas clases para que, con axuda de cancións de Eurovisión, nos pronunciásemos sobre os que nos facían sentir...medo, alegría, tristeza, ira, sorpresa ou calma. Velaquí o resultado.  


 As comandas do noso ratiño non podían faltar nesta semana tan singular Veña! Todxs a nos disfrazar!!!
 

1/3/22

A igualdade é responsabilidade de todas.

Decoramos os chanzos das escaleiras con frases escollidas polo alumnado no Día Internacional da Non Violencia de Xénero

1 / 5
Terceiro B
2 / 5
Cuarto
3 / 5
Terceiro A
4 / 5
Escaleira 3º Ciclo
5 / 5
Escaleira 2º Ciclo

28/2/22

VENRES DE COMADRES

Neste curso, o Entroido adiantouse no cole coa celebración do "Venres de comadres". Disfraces diversos que deron entrada á semana das comandas e celebración que nos espera.

15/2/22

Xornada de atletismo de Xogade no CGTD de Pontevedra


Os alumnos de Quinto de Primaria participaron nunha Xornada de Promoción de Atletismo en Pista no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

10/2/22

REAPERTURA DA NOSA BIBLIOTECA

O día tan esperado chegou por fin! Este pasado luns voltou abrir a nosa biblioteca. Moitas gañas e moita emoción se respiraba no ambiente...e tamén, como non, curiosidade por ver a renovada casa do noso ratiño. Que chulada, que bonitiña, que "cuqui"!!! Agora a disfrutala, a vivir os milleiros de aventuras que vos agardan agochadas nas páxinas dos fermosos libros que habitan na mansión de Raticonto. Que a viaxe vos sexa propicia! Vémonos por alí!

9/2/22