30/4/19

4ª Xornada Deporte na Escola

Os pasados días 24 e 25 de abril celebramos no noso centro a cuarta xornada de "Deporte na Escola". O mércores 24 visitounos o alumnado do CEIP San Roque de Vilanova de Arousa, os encargados e encargadas de recibilos, foron os nenos e nenas de 6ºB. Mentres que o xoves 25 o alumnado de 4ºB, foi anfitrión cos compañeiros e compañeiras do Colexio Abrente de Portonovo. Esta sería a cuarta e última xornada deste curso, mantendo o bo comportamento, o compañeirismo e o desfrute dunha xornada deportiva.



3/4/19

III Xornada Deporte na Escola

Os pasados días 26 e 27 de marzo visitamos os centros de Bizocas e Meaño, na terceira xornada de "Deporte na Escola". O alumnado de 6ºA estivo CEIP  As Bizocas do Grove o martes 26 cos compañeiros e compañeiras de 5º e 6º dese mesmo centro. Mentres que o  alumnado de 3ºA estivo cos veciños do CEIP As Covas de Meaño co seu alumnado de 3º. Unha vez máis as xornadas estiveron marcadas polo bo ambiente e a deportividade.



Atletismo en Pista

O pasado venres 22 de marzo o alumnado de 5º de primaria visitou as instalacións deportivas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, concretamente, as pistas de atletismo. Alí formaron parte dunha xornada de promoción de atletismo en pista, onde os nenos e as nenas correron, saltaron e lanzaron con outros compañeiros e compañeiras doutros centros da comarca.