19/11/18

Celebramos o magosto coa Asociación Penaguda

O Pasado venres foi día de magosto, este ano contamos coa colaboración da Asociación Cultural Penaguda que amenizou a festa a tocando pezas moi típicas da nosa terra. Os nenos e nenas, así como os mestres e mestras rematamos a festa bailando gracias a eles. Foi un pracer escoitalos e dende aquí queremos agradecerlles a súa colaboración e os regalos que nos fixeron.
Penaguda foi outra das asociacións que naceu no colexio fai moitos anos e que de seguro seguirá adiante para disfrute e goce de todos os meañeses Magosto e Penaguda

Visita da Asociación A Telleira de Dena

Seguindo co programa do 50 Aniversario, o venres pasado visitáronnos a Asociación de Mulleres Ruraria A Telleira de Dena para mostrarnos como fan encaixe de bolillos e cestas. Aos nenos e nenas encantoulles ver como traballaba e algúns dixeron abertamente que queren tamén aprender a facer estas marabillas.
Esta asociación tamén naceu fai moitos anos no noso cole, cos alumnos e mestras de aquel entón, e esas antigas alumnas que a fundaron seguen manténdoa viva aínda hoxe en día. Todo un orgullo que esta asociación nacera aquí.

Cesteiro e Palilleiras

17/11/18

UNHA VIAXE NO TEMPO

Ao longo de todo este mes temos a oportunidade de facer unha viaxe no tempo visitando a Biblioteca Raticonto, "Aló polo 1968..."


12/11/18

Saída a Soutomaior

Que ben o pasaron os nenos e nenas de 4 e 5 anos de infantil e os de primeiro no Castelo de Soutomaior cos nenos e nenas de Porto Cabeiro de Redondela. Esta excursión fíxose esperar (ía facerse o curso pasado, pero polo mal tempo houbo que pospoñela), aínda así valeu a pena... Foi unha xornada de convivencia digna de lembrar. Visita ao Castelo de Soutomaior

8/11/18

TÚNEL DO MEDO 2018

Este ano tiñámolo moi difícil para facer o túnel do medo...
O 50 Aniversario tenos moi ocupados. Pero cando se conta cun ANPA e unhas familias dispostas a todo por facer que os nenos e as nenas teñan todo tipo de experiencias, todo se pode facer!!
Grazas por esta ilusión e polo voso apoio incondicional!! Daba medo de verdadeeeee, aquí podedes ver as caras de pavor de grandes e pequenos pero sen perder nunca o sentido do humor.

 

Para poder descargar as fotos este é o enderezo: Fotos Samaín 2018

1/11/18

SAMAÍN!!!

Chegou o día tan esperado... Pero non todo ían ser sustos... aquí tedes as nosas cabazas...unha auténtica artistada, a que si?


 

Gañadoras e gañadores do concurso de cabazas recibindo o seu agasallo pola intrépida e trepidante "Mosca Chosca" e coas súas creacións. Cabazas mellor pintadas, mellor talladas e máis orixinais.Parabéns!!!

Novidade deste curso. Unha obra de teatro protagonizada por vellos coñecidos...