15/11/20

Plantamos Castiñeiros nos Pasales

Este ano fixemos unha festa de magosto totalmente diferente. En vez de comer as ricas castañas, fomos aos Pasales a plantar castiñeiros, tivemos un día precioso para poder disfrutar desta actividade e do marabilloso paseo hasta o parque, pasando por varias telleiras, unha experiencia digna de lembrar...

2/11/20

CABAZAS 2020

É increíble a capacidade creativa que teñen as familias do noso colexio. Só podemos dicir grazas de todo corazón por esta gran mostra de inxenio arrepiante!!


1/11/20

Samaín 2020

Este ano foi un Samaín totalmente distinto pero tamén o disfrutamos, alumnado e profesorado fomos ao colexio disfrazados e ao longo da mañá puidemos divertirnos escoitando un contos de medo grazas a varias nais que se ofreceron a facelo. A elas e a ANPA témos que darlles as grazas por esta marabillosa iniciativa. Aquí vos deixamos unhas fotiños de cada un dos grupos e das fabulosas contacontos!! 

Non deixedes de mirar tamén as decoracións, realmente arrepiantes!!

 

VID-20201101-WA0011 from Ceip Coiron on Vimeo.

26/3/20

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Velaquí os carteis gañadores do concurso "A igualdade". Parabéns a todas e todos e grazas pola vosa participación!

2/1/20

Visita dos Reis Magos

Momento especial e marabilloso sempre é a visita das súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente. Alí foron todos os cativos, e aproveitaron para deixar as súas cartas no buzón real.
Temos unhas fotiños do momento e podedes ver as cariñas de ledicia e sorpresa, sobre todo dos más miudos, aínda que os grandes eguen disfrutando do momento tamén.
Queremos dende aquí darlle as grazas á nosa ANPA por todo o traballiño que pasaron facendo os decorados e ambientando o espazo para que estivera así de bonito, e coma non, tamén aos Reis Magos que foron encantadores e moi agarimosos cos nenos e nenas. Grazas por isto e por todo o que facedes polo colexio e pola comunidade educativa!!
Bo ano a todos e todas e grazas por deixar nas nosas mans os vosos máis prezados tesouros, estes fantásticos nenos e nenas!!

Nadal no Ceip Coirón Dena

Como é tradicional no noso centro fixemos o Festival de Nadal con dous pases, un onde cada grupo actuou con panxoliñas e outros cantares para todo o alumnado do centro e logo un pase onde novemente cada grupo actuou para as familias. Coma sempre houbo moitas sorpresas e dende os mais pequechiños hasta os maiores demostraron baixo a dirección do mestre Rafa moito arte e bo facer.
Aquí podedes ver unhas imaxes do primeiro pase.

Día da Diversidade



O 3 de decembro foi o Día da Diversidade, para concienciar ao alumnado das dificultades coas que cada día se atopan as persoas con diversidade participaron nunha serie de obradoiros que lles permitía experimentar neles mesmos como sería non poder escoitar, non poder ver ou non poder camiñar ou non ter mans. A rapazada pasouno moi ben pero tamén se aproximaron ao mundo da diversidade funcional.
Logo nas clases puideron visionar creacións como El cazo de Lorenzo ou Cuerdas