18/7/19

Graduación de 6º curso

E chegou o momento de despedir ao alumnado de 6º curso, é una mistura de ledicia e tristura...Ledicia polo camino percorrido, polo esforzó e os logros conseguidos e tristura porque este gran grupo de nenos e nenas vanse do noso colexio, porque os nosos peques xa son homiños e mociñas que deben empezar una nova etapa noutro centro.
Moita sorte meus pequechos e xa sabedes que aquí sempre seredes ben recibidos, non vos esquezades que o máis importante é que sexades boas persoas e desexamos que nos lembredes sempre co mesmo agarimo co que nós nos lembraremos de vós.
SODES GRANDES E MOI IMPORTANTES, e non consintades que ninguén vos faga pensar nunca o contrario!!!

Actuacións na Graduación de 6º curso

E para despedir aos nosos graduados tivemos varias marabillosas actuacións. Aquí vos deixamos uunhas instantáneas delas, esperamos que vos gusten moito.

Actuación Fin de Curso. Vamos de Troula

Este ano para celebrar o fin de curso tivemos una actuación moi especial, viñeron uns piratas moi habilidosos a facernos pasar un bo rato...ademáis os piratas metéronse moito con algún dos mestres e mestras do cole, pobres algúns de seguro que non esquecerán o paso destes personaxes tan divertidos polo CEIP Coirón-Dena...