27/12/23

Chegada dos Reis Magos ao CEIP Coirón Dena

Os Reis Magos  chegaron este ano en tren ao colexio e logo bailaron cos seus elfos un baile de Nadal de moda. Grazas Reis, grazas Concello de Meaño por traelos en tren e grazas ANPA Sementeira por todo o que facedes no colexio!!

 

Feliz Nadal 2023!

O Nadal trae marabillosos momentos ao noso colexio, nestas fotos podedes ver unha mostra deste ano: chegada dos Reis en tren, bailes, cancións, festas, búsqueda dos adornos extraviados polos elfos da árbore de Nadal... Un día para lembrar!!

22/12/23

DIIVERSIDADE FUNCIONAL 2023

Un día de concienciación sobre o diversas e diversos que somos, sobre como sobrepoñernos ás trabas que, ás veces nos pon a vida, a ser resilientes e , sobre todo, a RESPECTAR.

OBRADOIRO DE GOSPEL

O gospel é un xénero musical caracterizado polo uso dominante de coros co uso da armonía. As nenas e os nenos de 3º e 6º así o aprendemos no obradoiro deste xeito de interpretar un tema.

8/12/23

2º CICLO ECOSISTEMAS ACUÁTICOS

Para coñecer de primeira man os ecosistemas acuáticos mariños, as nenas e nenos do 2º ciclo marcharon a O Grove e visitaron o seu acuario.