24/12/13

Visita dos Reis Magos

Os Reis Magos decidiron pasar polo Ceip Coirón para saudar a tódolos nenos e nenas do centro e recoller as súas cartas.
Nós pedimoslles un pequeno favor, que nos deixaran quitar unhas fotiños con eles.
Aquí tedes os resultados!!

INFANTIL

Enlace ás fotos de Infantil

PRIMEIRO CICLO


Enlace ás fotos do Primeiro Ciclo

SEGUNDO CICLO


Enlace ás fotos do segundo ciclo

TERCEIRO CICLO


Enlace ás fotos do 3º Ciclo

OS PROFESORES COS REIS

23/12/13

Frozen: El reino del hielo. Saída ao cine

O xoves pasado fixemos unha saída ao cine para ver a película "Frozen: El reino del hielo". Unha película moi tenra, e espectacular.
Os nenos e nenas disfrutárona moitísimo e quedaron con ganas de volver... Neste colexio hai moitos cativos que nunca pisaran un cine, estes foron precisamente os que mais a disfrutaron, estaban moi nerviosos e emocionados, motivo suficiente para facer este tipo de saídas.
Aquí vos deixamos unhas fotiños que falan por si mesmas.



Enlace para descargar as fotos

Festival do Nadal 2013

Aquí tedes unhas montaxes das fotos do Festival do Nadal.
Mirade, mirade que guapos estaban todos os nosos cativos, e que ben o pasaron todos.
Se queredes descargar as fotos dos vosos fillos tedes debaixo de cada montaxe un enlace que vos leva a onde está aloxadas as fotos.
Boas Festas a todos e recargade as pilas que ainda queda moito curso por diante!!



Fotos do Festival de Infantil
 


Fotos do Primerio Ciclo do Festival de Nadal 
 


Fotos do 2º Ciclo do Festival de Nadal
 


Fotos do 3º Ciclo do Festival de Nadal

14/12/13

Unha noite inolvidable

Achégase o Nadal e o Equipo de Contos coa colaboración inestimable de varios nenos/as do colexio preséntannos esta nova adaptación


Unha noite inolvidable

4/12/13

Xogos tradicionais no noso magosto!!

Espero que vos guste este resumo do día do Magosto no noso colexio. O mellor de todo esas cariñas de felicidade...

2/12/13

Os Seis Barbudos

Xa tedes a aquí e na páxina da Biblioteca de Raticonto a nova creación do Equipo de contos do noso colexio: Os Seis Barbudos

19/11/13

CANCIÓN E BAILE DO MAGOSTO

Como sabedes no Ceip Coirón somos moi festeiros e hai moitos artistas.
Non deixedes de ver e escoitar a nosa canción e baile do magosto que con tanto agarimo preparou Rafa e os nenos e nenas do centro para que todos poidades disfrutala.
Nos créditos indicamos quen foron os solistas, os coros fixéronos todo o alumnado nas clases de música. Esperamos que vos guste!!

18/11/13

O Magosto

Un ano mais festexamos o magosto con castañada, xogos populares e coma non... canción e baile!!
Foi unha tarde moi divertida para todos nós, xa que iso de saír ao patio para divertirnos todos xuntos nunha tarde de sol gústanos a todos e todas.
Mirade que ben o pasamos...









 Todas as fotos tédelas en: Magosto 2013

7/11/13

O NOSO SAMAÍN

O pasado  mércores o noso colexio transformouse nun escenario cheo de monstros e bruxas...
Pero uns monstros e bruxas con moita gana de divertirse e difrutar dun día moi distinto no noso centro. Houbo concurso de cabazas, festas, proxección dun conto de medo que ao final non daba moito medo, bailes, e todo rodeados dun decorado terrorífico que fixemos entre todos e todas.

Mirade, mirade que ben o pasamos!!


Se queredes ver ou descargar mais fotos deste evento podedes acceder a este enderezo:
 Fotos Samaín 2013

23/9/13

Benvidos ao novo curso!!

Unha vez mais iniciamos unha nova andaina con moito traballo por diante, pero con ilusión e esforzo seguro que todos faremos un magnífico curso. Benvidos a todos e todas pero especialmente aos novos alumnos/as, pais e nais e profesores/as!!
APRENDER XUNTOS E APOIARNOS UNS AOS OUTROS É A MELLOR MANEIRA DE FACER UN BO CURSO!!
Deixámosvos por aquí unhas fotiños do primeiro día deste curso 2013/14.
Esperamos que vos gusten moito!!

24/6/13

Lipdub "Como producir menos lixo"

Este ano foi realmente "musical" no noso colexio. Todos os cursos participamos neste Lipdub inspirado nun conto dos Bolechas. Encadramos esta actividade dentro do Proxecto "Recicla Coirón" e é a canción que prepararon os nenos e nenas de 3º para a actividade "Rapeo en Galego". Disfrutamos moitísimo gravando esta marabilla e desexamos que non sexa o último que fagamos...
Mirade e alucinade!!





23/6/13

2ºB Celebra o fin de curso

O venres todos os nenos e nenas do cole celebraron festas nas súas aulas, deixámosvos aquí un exemplo do ben que o pasaron...

Festa fin de curso 2013

O xoves fixemos a festa de fin de curso no patio con globos, cancións e bailes, moito troulamos e sobre todo moito disfrutaron os rapaces, téñeno merecido pois despois dun duro ano de traballo é necesario festexar o fin de curso como se merece.

RAPEO EN GALEGO 2012-2013

Un ano mais tivemos o Festival de Rap no colexio CEIP Coirón de Dena, algo esperado e desexado por todos nós, algo que a todos nos fai moita ilusión e que  nos da folgos para seguir adiante.
Os nosos nenos e nenas, vosos fillos e fillas, son auténticos artistas pero dende o blogue CEIP Coirón en Imaxes debemos recoñecer a gran labor que un mestre está facendo nesta línea de traballo, Rafa Maquieira, o noso profesor de música, el consigue ano tras ano que o colexio sexa un auténtico centro musical con este e outros fantásticos traballos nos que todos nos implicamos, non é fácil pero os resultados falan por si mesmos...
GRAZAS RAFA POR ESTA MARABILLOSA LABOR!!!
Podedes ver as presentación acompañadas da voz dos vosos nenos e nenas no blogue de música do noso centro:
MUSIQUEANDO: AS NOSAS CREACIÓNS

Un exemplo do arte dos nosos nenos e nenas...Os alumnos e alumnas de 2º curso cantan "Adiviñas no mar"

10/6/13

Maio Teatreiro

Aquí tedes algunhas fotiños das actuacións das Letras Galegas. Mirade que guapos e guapas están estos peques!!

31/5/13

Visita do Refuxio de Animales de Cambados

Os nenos e nenas de infantil e primeiro ciclo, así como algúns alumnos do 2º e 3º ciclo tiveron a oportunidade de recibir unha charla por parte da Presidenta do Refuxio de Animales de Cambados e de dúas das súas colaboradoras.
Durante as exposicións tamén puidemos ver e escoitar uns contos sobre a importancia de coidar moi ben dos nosos grandes amigos, os animais domésticos, sobre todo os cans.
Nesta ocasión acompañáronas 3 marabillosos cans, que fixeron as ledicias dos nenos e nenas pois son cariñosos, intelixentes e sobre todo moi agradecidos.

25/4/13

Festa do Obradoiro de Contos

Os nenos e nenas que asistiron todo o curso ao Obradoiro de contos tiveron este mércores unha gran festa para despedir esta actividade. É mágoa que non teñan mais contos novos ata o curso que ven, pero como teremos un maio moi teatreiro non queda outra solución.
Houbo música, cancións, xogos, globos e moita, moita diversión, basta ver as cariñas dos nenos e nenas.
Mirade, mirade que ben o pasaron estos pequechos de infantil e primeiro ciclo!!!



13/4/13

Compañía de teatro Caracol: Romeo e Xulieta en Cambados

O pasado mércores os nenos e nenas do Ceip Coirón xunto cos seus mestres e mestras, tivemos a sorte de asistir á nova obra de teatro da Compañía Caracol.
Esta vez presentaban unha adaptación de Romeo e Xulieta de William Shakespeare, pero coa frescura e o toque especial que só eles saben darlle a unha historia.
Por moito que vos queiramos contar hai que vela para poder disfrutar tanto como nós o fixemos.

Deixamosvos aquí un par de fotiños desta saída:

16/1/13

Festival de Nadal

Temos clarísimo que neste colexio hai grandes actores e actrices. Canto arte xunto!!