30/12/14

HAPPY, A CANCIÓN DO ANUNCIO DA LOTERÍA

Inspirándonos no anuncio da lotería de Nadal deste ano (esa, a do tipo que para un ano que non compra o décimo, vai, e toca), o alumnado de 5º de primaria do C.E.I.P. Coirón-Dena fixemos esta canción. Como base musical escollimos o "Happy" de Pharrell Williams, que nos deu moito xogo, tanto a nivel musical como literario.

 

13/12/14

Nadal en inglés

O venres 12, os alumnos e alumnas do colexio tiveron a oportunidade de disfrutar dunha obra de teatro baseada no Nadal, en inglés, grazas á escola Kids&Us.Merry Christmas!!!

 


21/11/14

CARREIRA CAMPO A TRAVÉS 2014

Hoxe celebrouse a carreira campo a través 2014. Alá marchamos, a Caldas de Reis, para participar, xunto con compañeiros e compañeiras doutros centros, nesta competición. Día de sol, aínda que cun pouco de fresquiño, moitos nenos e nenas doutros colexios, compañeiros do IES de Meaño, nervios... acabamos moi moi moi cansos pero divértimonos e iso ao fin e ao cabo é o que conta... ou non?

18/11/14

9/11/14

Un samaín terrorífico

Este ano para celebrar o samaín o equipo de extraescolares e o da biblioteca decidiron facer un túnel do medo no acceso á aula de música. Cando todo estivo listo: decoración, son ambiental de terror e personaxes de medo, convidaron a que todos os cursos foran pasando a visitar este lugar de conto de medo. Os berros e risas dos nenos e nenas escoitáronse por todo o centro.
Nunca mellor dito "PASÁMOLO DE MEDO"
Para que vos fagades unha idea aquí tedes unha fotiños do Túnel do medo e dos grupos que por el pasaron...

2/10/14

Boa forma de comezar un curso

Xa estamos de volta, con moitas ganas de aprender e facer cousas divertidas no colexio. Este ano imos de seguro a sorprendervos con novas moi interesantes, pero como non queremos de momento desvelar as sorpresas conformádevos cunhas fotiños da actuación da Escola de Música de Meaño neste mes de setembro que está a piques de rematar Pasámolo de medo e todos desfrutamos moito con este magnífico concerto. Unha vez mais queremos darlle grazas á Escola de Música por facer este tipo de actividades!!


 

21/6/14

Letras Galegas 2014. A ratiña Hermelinda. 4º B



Letras Galegas 2014. Non todo é o que parece. 4º A



Letras Galegas 2014. Baile de 5º e 6º



A casa da Mosca Chosca

Este ano tamén os mestres e mestras do Ceip Coirón se animaron a preparar unha obriña de teatro partindo dun conto titulado: "A casa da mosca chosca" Seguro que non será o último que representen xa que foi un éxito rotundo, cousa que non é de extrañar xa que o prepararon con moito agarimo para disfrute dos nenos e nenas de Meaño

Letras Galegas 2104. Exame de repesca. 6º A

15/5/14

Teatro "A casa da mosca chosca"

Este ano o Equipo de contos e algúns profesores mais decidiron transformarse en actores e preparar unha representación dun conto "en vivo e en directo". Para estrenarse escolleron o conto de " A Casa da Mosca chosca". Teñen moito que mellorar pero fixeron rir a escachar aos pequechos do colexio.
BRAVO POR ESTE MESTRES E MESTRAS VALENTES!!

 

Fotos da Festa de Contos, xuño 2014

De paseo por Meaño, 2º ciclo, xuño 2014

O pasado venres todo o segundo ciclo botou toda a mañán de paseo por Meaño, visitaron as distintas parroquias e os lugares mais significativos deste concello.Foi unha mañán moi divertida e instructiva.



Se queredes ver mellor as fotos ou descargalas como recordo deste día tedes que ir a este enderezo de picasa:
Fotos do Paseo por Meaño

12/5/14

Festa do equipo de contos para educación infantil

O equipo de contos preparou un gran festa para anunciar que por este ano xa non se van facer mais contos novos. A troula comezou de feito no Salón de Actos coa representación por parte dos mestres da "Casa da mosca chosca", para despois saír ao patio mestres e "pequechos" para comer unha supertarta de gominolas e xogar e bailar toda a tarde. Todos o pasaron xenial!!
Pero de seguro que estades desexando ver novos contos, pero tranquiliños que en canto remate o verán teremos mais videocontos noviños do trinque.



22/4/14

Fomos ao Teatro Caracol a ver "Bicho"

Pasamos unha divertidísima tarde no Teatro Caracol en Cambados coa obra "Bicho", este ano tiña a particularidade de que os actores e actrices non usaron a linguaxe oral, o que fixo que os nenos e nenas estiveran moito mais atentos e participativos.


2 de abril, "Día internacional da concienciación do autismo"

Dende o ano 2007 celébrase a nivel mundial o Día de concienciación do autismo. No noso centro levamos xa uns aniños colaborando en dar difusión a este trastorno que afecta a un de cada cento cincuenta nenos e nenas nados.
Ese día puxemos a disposición do profesorado para que os puidesen ver cos seus alumnos/as unha selección de vídeos que explica en que consiste o autismo e as características das persoas que o padecen.
Para quen teña interés en velos estes son os enderezos:
Tamén puxemos uns globos azuis nas entradas ao centro en apoio ás persoas con autismo e decoramos coas nosas fotografías o corazón do autismo. Podedes ver o resultado nestas fotos:

9/3/14

Entroido 2014. Fotos de grupo e da festa.

Nestas instantáneas podedes ver as fotos de cada un dos grupos. Tamén tedes unha pequena mostra mais abaixo da estupenda festa que logo tivemos,onde non faltaron os ricos doces do entroido grazas coma sempre ás familias, e o momento "dancing" do que disfrutamos grandes e pequenos. Foi un entroido moi divertido e variado!!


Entroido 2014. O desfile

O mal tempo deunos unha tregua, suficiente para poder saír ao patio e desfilar e mostrarlle aos pais e nais e aos compañeiros e profesores o guapos que estabamos e o ben que sabemos bailar e por imaxinación para representar as personaxes das que nos disfrazamos.



24/2/14

San Valentín 2014

Grazas á colaboración inestimable das familias do Ceip Coirón tivemos así de bonitos os nosos corredores. Grazas artistas!!

12/2/14

Celebración do Día da Paz

Todos e todas saímos ao patio o Día da Paz para conmemoralo xuntos.
O primeiro foi construír o símbolo da Paz entre todos no centro do patio, os fotógrafos conseguiron de feito unha preciosa imaxe que podedes ver no slide que temos baixo estas líneas.
Logo o noso profesor de Música tiña preparadas unhas cancións e bailes con todos os nenos e nenas do centro e encargáronse de ensinárnolas a todos os mestres e mestras. Terminamos pois a celebración do Día da Paz bailando e cantando no noso patio.
Foi moi divertido e instrutivo para todos. Mirade, mirade!!

30 de xaneiro, preparamos o colexio para o Día da Paz

Como cada 30 de xaneiro celebramos a Paz. Todo o colexio se vestiu para este día enchendo os corredores de mensaxes e símbolos da paz.
A verdade e que quedou moi vistoso, e coma sempre queremos agradecer ás familias a súa colaboración preparando esas preciosas mans cheiñas de mensaxes moi en consonancia con esta conmemoración.