23/6/15

Lectores olímpicos

Recoñecemento e agasallo para os alumn@s que máis libros leron da biblioteca.

Premio ao bo comportamento

Recoñecemento ao bo comportamento á hora de facer filas e desprazarse polo centro.

Graduación Primaria

Os de sexto curso tamén remataron a súa estancia neste cole e así de felices posaron para o fotógrafo.

Graduación Infantil

Os maiores de Educación Infantil xa remataron unha etapa que queda recollida nestas imaxes.

Bailes voluntarios

Os maiores quixeron aportar as súas coreografías para animar a festa de fin de curso.

Baile grupal de fin de curso

Rafa, o mestre de música, volveu preparar outra coreografía na que participa todo o colexio.

BAILE DE MARUXA

Todo o colexio participou bailando a canción de Maruxa.

19/6/15

FESTA DAS POMPAS

A ilusión e a ledicia debe estar sempre onde están os nenos...
Cremos que o día de hoxe será moi difícil de esquecer para todos no noso colexio, por primeira vez tivemos un espectáculo de pompas de xabón para desfrute de grandes e pequenos.
Foi fantástico!!
Mirade que ben o pasamos!!
 

9/6/15

Carreira no Abrente 2015

Hoxe estivemos no Abrente en Portonovo para participar na súa Carreira anual. Fomos a maior parte da Primaria e a pesar do calor podedes ver que campeón temos no colexio!!


3/6/15

2º Pase de Cocorico

Esta mañán os nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º puideron ver a representación de Cocorico interpretada polo Equipo de Contos.
Pasámolo de medo, canto artista hai neste colexio!! Ao rematar a rapazada subeu ao escenario a bailar ao ritmo de Cocorico e o Gato Pelado.
Unhas fotiños poden mostrarvos mellor o ben que o pasaron...