27/12/23

Chegada dos Reis Magos ao CEIP Coirón Dena

Os Reis Magos  chegaron este ano en tren ao colexio e logo bailaron cos seus elfos un baile de Nadal de moda. Grazas Reis, grazas Concello de Meaño por traelos en tren e grazas ANPA Sementeira por todo o que facedes no colexio!!

 

Feliz Nadal 2023!

O Nadal trae marabillosos momentos ao noso colexio, nestas fotos podedes ver unha mostra deste ano: chegada dos Reis en tren, bailes, cancións, festas, búsqueda dos adornos extraviados polos elfos da árbore de Nadal... Un día para lembrar!!

22/12/23

DIIVERSIDADE FUNCIONAL 2023

Un día de concienciación sobre o diversas e diversos que somos, sobre como sobrepoñernos ás trabas que, ás veces nos pon a vida, a ser resilientes e , sobre todo, a RESPECTAR.

OBRADOIRO DE GOSPEL

O gospel é un xénero musical caracterizado polo uso dominante de coros co uso da armonía. As nenas e os nenos de 3º e 6º así o aprendemos no obradoiro deste xeito de interpretar un tema.

8/12/23

2º CICLO ECOSISTEMAS ACUÁTICOS

Para coñecer de primeira man os ecosistemas acuáticos mariños, as nenas e nenos do 2º ciclo marcharon a O Grove e visitaron o seu acuario.


 

26/11/23

CURSO DE VELA

Esta semana o alumnado de 3º marchou a Sanxenxo para sucar os mares. Unha resplandecente mañá de novembro para esta toma de contacto co deporte marítimo.

23/11/23

CONTEXTOS E MASCOTAS

Continuamos a traballar por contextos coñecendo o noso corpo e o seu funcionamento. Esta semana tamén recibimos unha visita moi especial... a das nosas mascotas!

22/11/23

CARREIRA CAMPO A TRAVÉS

A choiva deunos unha tregua e alá marchamos á Carreira Campo a través. Día de deporte, competición, convivencia e recoñecementos. O mellor, poder participar xunto a nenas e nenos doutros lugares.

11/11/23

MAGOSTO

A festa das castañas, o magosto, pasado por auga , pero con celebración por todo o alto. Obradoiro de baile tradicional coa teacher Alba, xogos populares no túnel e degustación do saboroso froito do castiñeiro. Que máis pedir ?

1/11/23

TÚNEL DO MEDO 2023-24

Arrepiante o percorrido polo túnel do medo, grandes e pequenos disfrutámolo moito. Moitas grazas á ANPA Sementeira por facelo posible unha vez máis.

CONTEXTOS ÓSOS, MÚSCULOS, ECOSISTEMAS

Pescudas fotográficas, crebacabezas, modelado...distintos xeitos de traballar os contextos...desta vez foi o turno dos ósos, dos músculos e dos ecosistemas.

Contacontos de medo!!!

E coma non...polo Samaín toca contar contos de medo...Este ano tivemos a sorte de que os nosos e as nosas "contistas" fosen de primeira categoría, basta ver as cariñas dos e das ointes...

31/10/23

Concurso de cabazas no Samín

Coma sempre as familias sorprendéronnos un ano mais cuns traballos marabillosos, todas e cada unha delas merecían un premio pero o xurado enfrentouse á dura tarefa de ter que escoller tres de cada ciclo de Primaria e outras tres de Infantil Grazas polo voso traballo e a seguir sendo tan creativos e participativos!!!!

 

12/10/23

CONTEXTOS SAÍDA 3º E 4º

Andaina protagonizada polo alumnado de 3º e 4º. Saír á nosa contorna, observar, investigar, aprender e gozar!!!

APERTURA BIBLIOTECA RATICONTO

Un curso máis, Raticonto dá a benvida a todas as nenas e todos os nenos á súa casa.

CONTEXTOS ANUNCIO CALCIO

O calcio fortalece os nosos ósos.

CONTEXTOS ANUNCIO HIDRATOS DE CARBONO

Os hidratos de carbono proporciónannos enerxía.

CONTEXTOS ANUNCIO VITAMINAS

vitaminarnos e miralizarnos como dicía a Formiga Atómica...

CONTEXTOS ANUNCIO PROTEÍNAS

As nenas e nenos de 5º e 6º recórdannos o importante que é consumir alimentos ricos en proteínas.

7/10/23

COMEZAMOS CONTEXTOS

Neste curso imos aprender dun xeito diferente sendo partícipes, investigando, colaborando, creando, experimentando, xogando...chegaron os contextos ao noso cole.

30/9/23

BENVIDA A ESTE NOVO CURSO

Aquí estamos outra vez. Un curso máis. Reencontros, emocións, novidades...Benvidas e benvidos!!!

8/6/23

VISITA DO ESCRITOR E ILUSTRADOR ANXO FARIÑA

Este luns, por iniciativa da Biblioteca Raticonto, visitounos o escritor e ilustrador Anxo Fariña para falarnos de dúas das súas publicacións que lemos en 5º, "Os ecos do lume" e 6º, ""Os megatoxos e o reto de Internet".

VISITA A NATURNOVA 1º CICLO

5/6/23

ECOPARQUE MARÍN 3º-4º-5º

Un novo concepto de lecer, aventura e turismo activo que respecta ao máximo os recursos naturais. Este parque que visitou e disfrutou o alumnado de 3º, 4º e 5º agrupa, nun entorno natural : aventura, educación, respecto pola natureza, coñecemento do medioe o goce mediante a actividade física...quen dá máis?

MOLLY IS GONE

We will miss her! Bye Molly!

VELA NO PORTO DEPORTIVO DE SANXENXO

Non corta o mar senón voa un veleiro bergantín...día de navegación e emoción!

VISITA AO IES

Dentro do chanzo Primaria-Secundaria o alumnado de 6º realiza, a finais de curso, unha visita ao IES. onde se lles dan as explicacións oportunas de cara ao vindeiro curso ademais de compartir momentos de lecer coas chicas e chicos que foron e van ser as e os seus compañeiras e compañeiros.


 

CONTACONTOS EXCEPCIONAIS

As e os axudantes da biblio fixeron de contacontos para algún do alumnado de infantil. Pasárono xenial, tanto as e os maiores coma as e os peques Ademais xa hai futuras axudantes que devecen por botar unha man....

"GOLFEANDO EN 5º"

Armenteira, campo de golf, alá fomos os de 5º a practicar un pouquiño. A ver , o noso "swing" aínda non está moi perfecto...pero, alomenos, tentámolo e pasámolo moi ben!

DE MARISQUEO EN INFANTIL

Da man de Guimatur, as nenas e os nenos de 5º e 6º de Infantil, marchamos mariscar a Cambados. Mañá soledada, entorno histórico e praia...aprezamos a dura tarefa das e dos mariscadoras e mariscadores. E disfrutamos moito!

AS E OS DE 3º VIAXAMOS A SANTIAGO DE COMPOSTELA

Un día de paseo pola nosa capital, visitando lugares emblemáticos, percorrendo as súas máxicas rúas, como peregrinas e peregrinos, despois dun longo curso, unha bonita recompensa.

 

OBRADOIROS DE XABÓN EN INFANTIL

Desta vez foron as e os máis peques do cole os que se apuntaron á fabricación de xabón. Toda unha

 experiencia"pomposa".
.

13/5/23

OBRADOIROS DE XABÓN

Desde 1º a 3º obradoiros de xabón artesanal. Elaborado a man desde o primeiro e ata o último paso con ingredientes naturais de orixe vexetal que axuda ao coidado do medio ambiente ao non empregar químicos na súa elaboración.

RECOLLEMOS OS NOSOS FABÓNS

O sementado deu o seu froito e non hai mellor gratificación que poder recoller o resultado do noso traballo.

 

6/5/23

PLAN DIRECTOR CIBERSEGURIDADE

Onte tivemos, dentro do programa Plan Director, unha charla sobre ciberseguridade onde nos ensinaron como manexarnos, de xeito seguro, cos nosos dispositivos.

3/5/23

Multideporte

A semana pasada recibimos no colexio para unha nova xornada de multideperote aos/ás compañeiros/as do CEIP As Covas. Unha mañá de deporte e convivencia.

DÍA DA ACTIVIDADE FÍSICA

O día 6 de abril foi instaurado no ano 2002 pola OMS (Organización Mundial da Saúde) co fin de concienciar á poboación sobre a importancia da actividade física diaiae o beneficios que representa para a saúde. Este curso celebrámolo no colexio, como non podía der doutra maneira, no noso pavillón xogando e compartindo.

2/5/23

VISITA DE ÉRICA ESMORÍS

Visitounos Érica Esmoris para falarnos sobre o libro que estivemos a ler en 3º e 4º, "Patio de LUces", unha historia ben bonita sobre unha nena, Lea, que pasa os venres pola tarde co seu avó que é porteiro nun edificio. Lea sae ao paio de luces, algo que non debería facer, e así comeza a aventura.

 

TEATRO CARACOL

Un ano máis o Teatro Caracol de Cambados agasallounos cunha obra de teatro. Esta vez nada máis e nada menos que unha adaptación dun dos "Autos Sacramnetais" do insigne Calderón de la Barca. "O gran teatro do mundo ",levaba por título, sorrisos,risas, música...Que grande!


!     

A REMAR!!!

Iniciación ao piragüismo protagonizado polas chicas e polos chicos de 6º. Remando ao vento!

UN ESTANQUE CHEO DE VIDA

Un pequeno ecosistema no noso centro. o estanque, un lugar onde aprender a respectar aos seres vivos que nos arrodean.

 

CITA CUN LIBRO

Xogo de intriga...que libro será? Cinco pistas e unha semana para adiviñalo...Fostes quen de facelo???Así celebramos o Día do Libro e dos Dereitos de Autor.

 

CREANDO SOBRE BOLSAS ECOLÓXICAS

Activade ofertada por A Fundación que lle permitiu ao alumnado de 3º e 4º crear sobre bolsas con pintura ecolóxica.

PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS

Promovida por A Fundación unha actividade na que decoramos un dos muros do noso centro con pinturas ecolóxicas cun resultado moi vistoso.
.

UNHA BIBLIOTECA CADA VEZ MÁIS ACOLLEDORA

A casiña de Raticonto cada vez máis cuca...un espazo moi acolledor onde compartir ratiños de lecer en boa compaña.

26/3/23

VISITA DO HEMATOCRÍTICO

Recibimos ao Hematocrítico na nosa Bibioteca Raticonto. Os e as peques do cole lemos dous dos seus libros, "Gaivota Gourmet", a historia da gaivota Mori á que lle encanta comer sempre no mesmo restaurane, o patio do cole! e "Un can" que conta a historia de Moncho que é un can aínda que algúns non queiran recoñecelo. Preparamos o espazo lector coas nosas creacións para o día da visita. Quedou ben bonitiña! O hematocrítico falounos das súas publicacións e agasallounos cunha riquísima galleta e, por suposto, firmou os nosos exemplares... Que mañá tan divertida...e rica, rica!!! MIRADE COMO TRABALLAMOS E QUE CHULA QUEDOU A BIBLIOTECA...SABOROSA GALLETA!!! GRAZAS HEMATOCRÍTICO!!!
 

PRESENTACIÓN NA NOSA BIBLIOTECA


   
 FIRMA DOS NOSOS LIBROS
 

8 DE MARZO

FOTOS DE GRUPO
 

19/2/23

UNHA SEMANA DE RATICOMANDAS

Unha semana chea de disfraces... é que, o noso Raticonto tivo unhas ideas moi chulas para as comandas deste ano onde sentindo onde vivimos tapamos a cabeza, mimetizámonos coa nosa contorna e ata apagamos incendios!!!Chegou así o xoves onde cadaquén ataviouse como desexou e logo...día grande... o defile do venres...CONTINUARÁ...

11/2/23

Xornadas de multideporte

Días para compartir a práctica de distintos deportes con compañeiras e compañeiros doutros centros da nosa zona.