27/10/19

RATI NAS ONDAS COAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Este curso imos traballar un novo proxecto, queremos facer programas de radio.
E para aprender que hai que facer na radio que mellor que convidar a dous auténticos locutores de radio. Convidamos a Puri e a Carlos (DJVie) de Arousa Si Radio Salnés. Eles viñeron encantados a contarnos a todos e todas como é o estudio da emisora, que tipos de programas fan, que é un magazine, unha cabeceira, un jingle...A impotancia da publicidade para manter a emisora, a linguaxe xestual...Vamos que recibimos un cursiño intensivo e moi ameno de como facer raio.
Tamén nos rimos moitos con algunhas das anécdotas que nos transmitiron e, como non podía ser doutra maneira,a rapazada fixéronlles moitísimas preguntas super interesantes.
 Grazas Arousa Si Radio Salnés!!
Grazas Pui e Carlos!!
 Faremos mais dunha actividade con estes grandes profesionales e dámoslles as grazas pola súa visita e por falar do noso proxecto no seu facebook: https://www.facebook.com/arousasiradio/videos/vb.107945482706427/2519161785034533/?type=2&theater
Iniciamos pos este proxecto nun día moi especial, "O día das Bibliotecas Escolares"