8/6/23

VISITA DO ESCRITOR E ILUSTRADOR ANXO FARIÑA

Este luns, por iniciativa da Biblioteca Raticonto, visitounos o escritor e ilustrador Anxo Fariña para falarnos de dúas das súas publicacións que lemos en 5º, "Os ecos do lume" e 6º, ""Os megatoxos e o reto de Internet".

VISITA A NATURNOVA 1º CICLO

5/6/23

ECOPARQUE MARÍN 3º-4º-5º

Un novo concepto de lecer, aventura e turismo activo que respecta ao máximo os recursos naturais. Este parque que visitou e disfrutou o alumnado de 3º, 4º e 5º agrupa, nun entorno natural : aventura, educación, respecto pola natureza, coñecemento do medioe o goce mediante a actividade física...quen dá máis?

MOLLY IS GONE

We will miss her! Bye Molly!

VELA NO PORTO DEPORTIVO DE SANXENXO

Non corta o mar senón voa un veleiro bergantín...día de navegación e emoción!

VISITA AO IES

Dentro do chanzo Primaria-Secundaria o alumnado de 6º realiza, a finais de curso, unha visita ao IES. onde se lles dan as explicacións oportunas de cara ao vindeiro curso ademais de compartir momentos de lecer coas chicas e chicos que foron e van ser as e os seus compañeiras e compañeiros.


 

CONTACONTOS EXCEPCIONAIS

As e os axudantes da biblio fixeron de contacontos para algún do alumnado de infantil. Pasárono xenial, tanto as e os maiores coma as e os peques Ademais xa hai futuras axudantes que devecen por botar unha man....

"GOLFEANDO EN 5º"

Armenteira, campo de golf, alá fomos os de 5º a practicar un pouquiño. A ver , o noso "swing" aínda non está moi perfecto...pero, alomenos, tentámolo e pasámolo moi ben!

DE MARISQUEO EN INFANTIL

Da man de Guimatur, as nenas e os nenos de 5º e 6º de Infantil, marchamos mariscar a Cambados. Mañá soledada, entorno histórico e praia...aprezamos a dura tarefa das e dos mariscadoras e mariscadores. E disfrutamos moito!

AS E OS DE 3º VIAXAMOS A SANTIAGO DE COMPOSTELA

Un día de paseo pola nosa capital, visitando lugares emblemáticos, percorrendo as súas máxicas rúas, como peregrinas e peregrinos, despois dun longo curso, unha bonita recompensa.

 

OBRADOIROS DE XABÓN EN INFANTIL

Desta vez foron as e os máis peques do cole os que se apuntaron á fabricación de xabón. Toda unha

 experiencia"pomposa".
.