26/3/23

VISITA DO HEMATOCRÍTICO

Recibimos ao Hematocrítico na nosa Bibioteca Raticonto. Os e as peques do cole lemos dous dos seus libros, "Gaivota Gourmet", a historia da gaivota Mori á que lle encanta comer sempre no mesmo restaurane, o patio do cole! e "Un can" que conta a historia de Moncho que é un can aínda que algúns non queiran recoñecelo. Preparamos o espazo lector coas nosas creacións para o día da visita. Quedou ben bonitiña! O hematocrítico falounos das súas publicacións e agasallounos cunha riquísima galleta e, por suposto, firmou os nosos exemplares... Que mañá tan divertida...e rica, rica!!! MIRADE COMO TRABALLAMOS E QUE CHULA QUEDOU A BIBLIOTECA...SABOROSA GALLETA!!! GRAZAS HEMATOCRÍTICO!!!
 

PRESENTACIÓN NA NOSA BIBLIOTECA


   
 FIRMA DOS NOSOS LIBROS
 

8 DE MARZO

FOTOS DE GRUPO