28/12/22

OBRADOIRO DE GÓSPEL

Mércores, 14 de decembro, visítanos Diana Tarin, cantante, mestra de canto, cubana de nacemento, galega de adopción, para ofrecernos un obradoiro cheo de música e baile.

23/12/22

IMOS DE CINE

Mércores, primicia cinematográfica, asistimos á estrea de "El gato con botas: el último deseo". Viaxe a Vilagarcía de Arousa, todiñas e todiños alá fomos...xa o botabamos de menos...Así que, tivemos unha mañá...DE CINE!!!

OBRADOIROS DA ANPA PARA O NADAL

O luns e martes unhas mamás da ANPA viñeron ao centro para axudarnos, nuns obradoiros, a crear adornos de Nadal para estas Festas. Árbores, flores, bonecos de neve...houbo de todo para todas e todos. Grazas por esta iniciativa que esperamos se repita nos vindeiros cursos!

22/12/22

3 de decembro. Día Internacional das persoas con Diversidade Funcional.

A inclusión é condición esencial para o respecto aos dereitos humanos a sostibilidade, a paz e a seguridade. "Non deixar a ninguén atrás" debe ser a nosa premisa. Respectar os dereitos das persoas con diversidade funcional non é só cuestión de xustiza senón unha inversión no noso futuro en común.

11/12/22

PLAN DIRECTOR

Como vén sendo habitual nestes últimos cursos, o alumnado de 5º e 6º participou nas charlas sobre violencia de xénero e ciberacoso ofertadas polo Plan Director.

Charla sobre a disposición correcta do lixo.

Voz Natura ofreunos, da man do Concello de Meaño, unha charla sobre como colocar o lixo no seu contenedor axeitado, ademais do impotante que é tomar conciencia do coidado da nosa contorna, sentindo onde vivimos e facendo todo o posible por mantela limpa. Recordade: NON TEMOS PLANETA B!!!


 

7/12/22

Obradoiro reciclaxe papel 5º e 6º

Obradoiro de Voz Natura no que soubemos desde a procedencia do papel, o que se empregaba antes do seu invento, quen o trouxo ata nós, distintas texturas...e, finalmente, como reutilizalo. Concienciarnos da reciclaxe e da súa importancia para coidar a nosa contorna e, por ende, o noso planeta. Recordade que non temos planeta B!!!

En 1º B reciclamos papel

Obradoiro de Voz Natura.As nenas e os nenos de 1º B aprendemos como se recicla papel.

25 de novembro Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero

Porque pensamos que un futuro sen violencia contra a Muller é posible con Educación, Sensibilización e Empatía.

2/12/22

Magosto 2022 nos Pasales

Mañá con sol, paseo, Pasales, xogos populares, música, baile, castañiñas recén asadas e diversión, moita
diversión...quen dá maís?