24/5/18

Xogos Populares en Silleda

O alumnado de sexto viaxou o mércores 23 a Silleda. Alí se celebrarou unha convivenica deportiva na que participaron alumnos de ciferentes centros da provincia de Pontevedra. Os xogos populares foron os protagonistas desta xornada, na que os nosos alumnos e alumnas xogaron á Billarda, os Bolos Celtas e a Chave. Despois de tanta actividade foi o turno de repoñer forzas coa merenda. Todos e todas o pasaron moi ben, desfrutando dun día soleado e cun gran ambiente deportivo.

1/5/18

DON ROBERTO VARELA FARIÑA

Comezando a andaina da celebración do noso 50º aniversario dun xeito moi especial. A visita dun persoeiro da vida pública, a nivel internacional, grazas ao seu traballo como diplomático en lugares tan dispares como Alemaña,Kuwait, Estados Unidos(Nova York) ou Urugüai ou política como Conselleiro de Cultura e Turismo na nosa Xunta, actualmente Director Xeral da Axencia Española de Cooperación Internnacional para o Desenvolvemento(Aecid), Don Roberto Varela Fariña estivo connosco.