26/6/12

Fin do curso 2012

O venres fixemos varias actividades  no Salón de actos, sobran as palabras, foi unha mañán cheiña de emocións...
 - Entrega de premios aos nenos e nenas do colexio que mai libros da biblioteca leron ao longo deste curso. - Visionado dos traballos de Normalización Lingüistica dentro do Proxecto da Multiculturalidade ( podedes velos no blogue "O galego no Ceip Coirón)
 - Acto de graduación dos alumnos de 6º curso
- Acto de graduación dos alumnos de infantil
- Despedida dos profesorado que xa non estará con nós o curso que ven.

 Entrega de premios da man de Nuria, a Coordinadora da Biblioteca

Graduación dos alumnos/as de 6º

Graduación dos alumnos/as de infantil

Despedida dos profesores/as

21/6/12

Concerto da Banda de Música Infantil de Meaño

Este martes tivemos unha visita moi especial, os nenos e nenas de Banda de Música de Meaño viñeron a darnos un concerto.
 Foi xenial, fixémolo no patio e interpretaron varias pezas. Tiñan ademais unha presentadora que nos foi contando un conto ¡dunha leituga!
Resultou unha actividade moi lúdica e entrañable.
Grazas a estos fantásticos artistas!!!!

15/6/12

Visita do Refuxio de animais de Cambados

Onte o alumnado de 1º ciclo tivo unha visita moi especial. Olga e Rosi contáronnos contos sobre canciños abandonados e dixéronnos como tiñamos que coidar dos nosos animais.



 Pero as protagonistas deste encontro foron tres seres marabillosos, tres cadeliñas moi simpáticas e divertidas: Bella, Magui e Anni. Pasámolo moi ben con elas e enchémolas de agarimos. Grazas a vós as cinco agora sabemos un pouquiño mais dos nosos animais e seguro que o teremos en conta.
Grazas tamén ao Refuxio de Cambados pola vosa boa disposición!!!




13/6/12

Educación Vial Primaria

Aquí temos o LIM feito coas fotos que as familias nos fixéchedes chegar. Espero que vos guste e que o pasedes ben xogando con el.