20/12/10

Celebramos o Samaín

Polo Samaín e Hallowen transformamos o noso colexio nun escenario terrorífico. Os nenos e nenas do Ceip Coirón pasárono en grande decorando e visitando os distintos espazos que tiñamos preparados e ambientados como se fose unha película de terror.
Tamén fixemos un concurso de cabazas coa participación das familias ás que hai que darlle a noraboa polos excelentes traballos que nos trouxeron.