13/12/19

Xogos, música e castañas no magosto

Que ben o pasamos no magosto, tivemos moitos xogos populares, música en directo por parte dos grandes artistas de Penaguda e castañas asadas. Grazas a quen fixestes isto posible!!

Entrega de premios

Ao remate da obra de teatro vivimos o momento da entrega dos premios dos Lectores Olímpicos e do Concurso de cabazas. Da gusto ver o orullosos/as que van a recoller o seu agasallo.

Teatro da diversidade

Polo magosto un gran grupo de marabillosos actores e actrices ofrecéronnos unha divertida obra de teatro cheiña de valores. Misturaron varios contos populares: Carapuchiña, Os tres porquiños e Os sete cabritos para explicarnos que mulleres e homes somos iguais en dereitos e capacidades, que facer bulling está moi mal e outros valores igual de importantes para a formación do noso alumnado.
Foi moi divertido e entretido.
Mirade as fotos que de seguro que vos escapará un sorriso!!

3/11/19

Samaín 2019

E un ano mais baixamos ao túnel do medo para disfrutar dos terribels ambientes terroríficos creados polos profes e os pais/nais...Cada ano mete mais medo!!



Grazas a La Voz de Galicia podemos mostrarvos como era e que pasou no túnel do medo jjj



Podedes ver mais fotos nesta páxina de La Voz de Galicia: Un Samaín de medo no CEIP Coirón-Dena

Tamén O Faro de Vigo quixo sacar o noso Túnel (portada de Arousa): O túnel do medo no Ceip Coirón-Dena

2/11/19

Premiados no concurso de cabazas

Premio ás cabazas mellor talladas:
Alex García de 5 anos B
Adela Besada de 2º
Paloma de 4ºB
Lucía de 6ºB

Premio ás cabazas mellor pintadas:
Candela de 4 anos B
Iria Prieto de 1º
Carla Méndez de 3º
Candela de 6º

Premio ás cabazas mais orixinais:
Eloy de 5 anos B
Nicolás Domínguez de 1º
Valeria Otero de 4º A
Lara de 5º A
 Aquí vos deixamos estas marabillosas creacións. Foi moi difícil buscar as mellores porque realmente cada ano vos superades. Moitas grazas ás familias que facedes posible isto todos os anos. Sodes uns artistas!!

 

27/10/19

RATI NAS ONDAS COAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Este curso imos traballar un novo proxecto, queremos facer programas de radio.
E para aprender que hai que facer na radio que mellor que convidar a dous auténticos locutores de radio. Convidamos a Puri e a Carlos (DJVie) de Arousa Si Radio Salnés. Eles viñeron encantados a contarnos a todos e todas como é o estudio da emisora, que tipos de programas fan, que é un magazine, unha cabeceira, un jingle...A impotancia da publicidade para manter a emisora, a linguaxe xestual...Vamos que recibimos un cursiño intensivo e moi ameno de como facer raio.
Tamén nos rimos moitos con algunhas das anécdotas que nos transmitiron e, como non podía ser doutra maneira,a rapazada fixéronlles moitísimas preguntas super interesantes.
 Grazas Arousa Si Radio Salnés!!
Grazas Pui e Carlos!!
 Faremos mais dunha actividade con estes grandes profesionales e dámoslles as grazas pola súa visita e por falar do noso proxecto no seu facebook: https://www.facebook.com/arousasiradio/videos/vb.107945482706427/2519161785034533/?type=2&theater
Iniciamos pos este proxecto nun día moi especial, "O día das Bibliotecas Escolares"

18/7/19

Graduación de 6º curso

E chegou o momento de despedir ao alumnado de 6º curso, é una mistura de ledicia e tristura...Ledicia polo camino percorrido, polo esforzó e os logros conseguidos e tristura porque este gran grupo de nenos e nenas vanse do noso colexio, porque os nosos peques xa son homiños e mociñas que deben empezar una nova etapa noutro centro.
Moita sorte meus pequechos e xa sabedes que aquí sempre seredes ben recibidos, non vos esquezades que o máis importante é que sexades boas persoas e desexamos que nos lembredes sempre co mesmo agarimo co que nós nos lembraremos de vós.
SODES GRANDES E MOI IMPORTANTES, e non consintades que ninguén vos faga pensar nunca o contrario!!!

Actuacións na Graduación de 6º curso

E para despedir aos nosos graduados tivemos varias marabillosas actuacións. Aquí vos deixamos uunhas instantáneas delas, esperamos que vos gusten moito.

Actuación Fin de Curso. Vamos de Troula

Este ano para celebrar o fin de curso tivemos una actuación moi especial, viñeron uns piratas moi habilidosos a facernos pasar un bo rato...ademáis os piratas metéronse moito con algún dos mestres e mestras do cole, pobres algúns de seguro que non esquecerán o paso destes personaxes tan divertidos polo CEIP Coirón-Dena...

24/6/19

FIN DE CURSO

CHEGOU FIN DE CURSO. DÍAS TREPIDANTES DE DESPEDIDAS E FESTA... TODO COMEZOU COA ENTREGA DE DIPLOMAS, ESTA VEZ ÁS/ÓS COMPAÑEIRAS/-OS QUE LERON MÁIS AO LONGO DO CURSO. NORABOA!!! AGRADECEMENTO E AGASALLO PARA AS E OS COLABORADORAS E COLABORADORES DA NOSA BIBLIOTECA DURANTE ESTE CURSO. RATICONTO FOREVER!!!

14/6/19

VISITA DE HÉCTOR CAJARAVILLE

Por fin foi posible! Recibimos a Héctor Cajaraville, autor de "Quen dá a quenda?" e "Kusuma" que lemos neste trimestre as e os alumnas e alumnos de 3º, 4º 5º e 6º.

23/5/19

Xogos Populares

O pasado mércores día 15 o alumnado de 6º desprazouse ata Silleda para participar nunha xornada deportiva, esta vez de Xogos Populares. Os nenos e nenas xogaron aos bolos celtas, a billarda e a chave.


1/5/19

ABRIL, MES DO LIBRO

ACTIVIDADE PARA CELEBRAR O MES DO LIBRO
 UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS MOI ESPECIAL
 O CONTO QUE QUERO ESCOITAR
ESTES ERAN OS CARTEIS...

 

ELIXINDO...



ADQUIRINDO AS ENTRADAS

 

CHEGADO O DÍA...CADAQUÉN REALIZOU A TAREFA QUE CONSIDEROU


 

30/4/19

4ª Xornada Deporte na Escola

Os pasados días 24 e 25 de abril celebramos no noso centro a cuarta xornada de "Deporte na Escola". O mércores 24 visitounos o alumnado do CEIP San Roque de Vilanova de Arousa, os encargados e encargadas de recibilos, foron os nenos e nenas de 6ºB. Mentres que o xoves 25 o alumnado de 4ºB, foi anfitrión cos compañeiros e compañeiras do Colexio Abrente de Portonovo. Esta sería a cuarta e última xornada deste curso, mantendo o bo comportamento, o compañeirismo e o desfrute dunha xornada deportiva.



3/4/19

III Xornada Deporte na Escola

Os pasados días 26 e 27 de marzo visitamos os centros de Bizocas e Meaño, na terceira xornada de "Deporte na Escola". O alumnado de 6ºA estivo CEIP  As Bizocas do Grove o martes 26 cos compañeiros e compañeiras de 5º e 6º dese mesmo centro. Mentres que o  alumnado de 3ºA estivo cos veciños do CEIP As Covas de Meaño co seu alumnado de 3º. Unha vez máis as xornadas estiveron marcadas polo bo ambiente e a deportividade.



Atletismo en Pista

O pasado venres 22 de marzo o alumnado de 5º de primaria visitou as instalacións deportivas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, concretamente, as pistas de atletismo. Alí formaron parte dunha xornada de promoción de atletismo en pista, onde os nenos e as nenas correron, saltaron e lanzaron con outros compañeiros e compañeiras doutros centros da comarca.

22/3/19

Entroido 2019

Foi un entroido moi animado, divertido e con actuacións de primeira categoria. Tamén fixemos o mercadillo cos nosos produtos, a rifa da cesta de entroido e a degustación dos postres do entroido e a chocolatada da ANPA....;
Os nosos agradecementos aos colaboradores na cesta e na venta das rifas, á ANPA por todo o seu bo facer e coma non, a todas as familias que aportaron ricos doces para a degustación de postres do entroido.
Menuda festa máis completiña!!
2019 ENTROIDO

20/3/19

II Xornada Deporte Escolar

O pasado mes de febreiro celebramos unha vez mais no noso centro, a segunda xornada de "Deporte na Escola". Esta vez foi o alumnado de 4ºA o martes 26 cos compañeiros e compañeiras do CEIP Portonovo. E o alumnado de 5ºA e 5ºB o mércores 27 cos compañeiros e compañeiras do CEIP A Florida de Sanxenxo. Ambas xornadas estiveron marcadas polo bo ambiente e a deportividade.





25/2/19

ENTROIDO 2019

ENTROIDO, PERSPECTIVA DE RATICONTO

 SE AO COLE QUERES VIR. UN BONITO DISFRAZ TERÁS QUE VESTIR.



 SE DO ENTROIDO QUERES SER O MÁIS MOLÓN, PON CALCETÍNS LONGOS POR RIBA DO PANTALÓN. E SE QUERES PASALO MELLOR, TRAE UN ZAPATO DE CADA COR.


 


 ESTE MARTES DE FESTA .TRAE UNHA PERRUCA OU LENTES NA TESTA.


 


 SE A UN EXECUTIVO TE QUERES PARECER,ALGO NO PESCOZO TERÁS QUE TRAER.


 

20/2/19

Día da PAZ 2019

Por fin o tempo nos deu unha tregua para poder facer a nosa celebración do Día da Paz, houbo manifesto, unha canción, e coma non, un baile no que participamos todos e todas. Este ano o lema foi "Armémonos de Paz" Aquí vos deixamos un vídeo e un par de fotiños do día




Día da PAZ 2019

18/2/19

Campionato Provincial Campo a Través

O pasado xoves día 7 de febreiro celebrouse na Azucareira de Portas a primeira edición do Campionato Provincial de Campo a Través do programa XOGADE. O alumnado clasificado para dita proba foi o de terceiro de primaria. Todos e todas desfrutaron dunha gran xornada soleada e deportiva. Salientar a Daniela Besada e Martín García que clasificaron entre as/os 10 primeiras e primeiros das súas respectivas carreiras.

23/1/19

I Xornada Deporte na Escola 2019

Este mércores 23 de xaneiro celebrouse no noso centro a primeira xornada de "Deporte na Escola", organizada pola Agrupación Deportiva Val do Salnés. Recibimos ao alumnado do CEIP San Roque Corón. Pola nosa parte participou o alumnado de 3ºB, desfrutando desta xornada deportiva. Coma é habitual, reinou o bo comportamento, a diversión e a deportividade. Aquí deixamos unhas imaxes dos nenos e as nenas participantes.