17/6/11

A cetreria

Hai moi pouquichiño tivemos no colexio unha visita moi especial: mouchos, curuxas, aguias...
A Sociedade Galega de Cetrería fíxonos unha preciosa exhibición dos exemplares que domestican en Cambados. Evaristo explicounos moitas cousas interesantes sobre estes marabillosos animais. Temos que agradecer esta magnífica oportunidade á librería Nova, eles encargáronse de traer a estes maestros da cetrería ao noso cole.
As fotos falan por si mesmas...

10/6/11

Teatro Letras Galegas 2011

Cada ano o nivel que se acada nas obras de teatro que cada curso prepara para o Día das Letras Galegas vai a mais. Todo o centro se implica, todos e todas traballamos moito para conseguir estes resultados. En breve procesaremos os vídeos e poderedes ver os artistas que temos no centro. Pero para ir abrindo boca tedes aquí moitísimas fotos destes actores de élite.

As actuacións de Infantil

As actuacións do 1º ciclo (1º e 2º)

As actuacións do 2º ciclo (3º e 4º)

As actuacións do 3º ciclo (5º e 6º)

19/5/11

Contamos contos no colexio de Coirón

Un dos obradoiros deste ano dos mércores pola tarde foi o de contos. Todos os nenos e nenas do colexio participaron neles, algúns incluso contando contos aos mais pequechos. A estas alturas do curso podemos afirmar que foi unha experiencia magnífica para todos e todas que sen dúbida teremos que repetir o vindeiro curso. Deixámosvos aquí unha pequena mostra desta actividade.

Saída 2º ciclo

Os alumnos e alumnas de 2º ciclo estiveron recentemente en Vigo para ir mirar unha fantástica obra de teatro en inglés: "Peter Pan". Tiveron ademais a oportunidade de participar algún deles directamente na actividade. Como había tempo tamén visitaron Naturnova, un museo interactivo do que disfrutaron moitísimo.

10/5/11

Saída 1º ciclo a Apípolis

Os alumnos e alumnas do 1º ciclo fomos o pasado mércores 4 de maio de excursión a Xeve a Apípolis. Aprendemos moito sobre as abellas e as súas costumes.

8/4/11

As Nosas Fotos Galegas

Temos xusto na entrada ao noso colexio unha preciosa exposición de fotografías de Galicia. Dende Normalización Lingüística pedíronlle ás familias dos rapaces e rapazas de Dena que trouxeran fotografías de distintos lugares de Galicia que visitaron nalgunha ocasión coa súa familia e aquí tedes o resultado...

4/4/11

22/3/11

Entroido en Dena: Un País de Contos

Por unhas horas o noso cole transformouse nun país de contos con abelliñas, ananiños, princesas, piratas, mosqueteiros, ratiñas presumidas, persoaxes do lonxano oriente,... Todos, grandes e pequenos pasámolo moi ben e disfrutamos do noso pequeno pero moi lucido desfile e tamén endulzamos ben a boca cos estupendos postres que os pais nos enviaron, ¡que fartura!Logo todos bailamos cos ritmos e danzas que nos ensinou o profesor de música. Un día moi completiño.
Graciñas a todos e todas por facer isto posible.

21/3/11

Xogos Colaborativos 3º ciclo

Educación Infantil estivo en Apípolis

Os nenos e nenas de Educación Infantil decidiron porse a estudar a vida das abellas, e que mellor comezo que vsisitar unha granxa apícola moi cerquiña de Pontevedra.
Os nosos peques aprenderon moitas cousas e disfrutaron dunha xornada inolvidable.

22/2/11

Saída a Pontevedra do 1º ciclo

Os nenos e nenas do primeiro ciclo foron o venres pasado a Pantevedra. Tiñamos alí dúas visitas que facer, a primeira foi a unha obra de teatro no Auditorio de Caixanova e a segunda ao museo de Pontevedra.
A obra de teatro levaba por título "Os Narigudos", os títeres que tiñan un gran problema: unhas narices moiiiiiiiii grandes.
Logo no museo pasámolo moi ben vendo cousas tan interesantes como unha galera pirata,unha reprodución duha calabera de Colón, unha cociña das de antes ou o camarote dun gran ,mariño galego...
Foi unha mañá moi completiña e o tempo permitiu que non nos molláramos en exceso. Eso si fomos co tempo moi contado para facer tantas cousas.

14/2/11

Xogos Colaborativos

O noso Centro está participando No "Plan de Autoavaliación e Calidade". Entre moitas outras cousas estamos facendo actividades para mellorar a colaboración entre os/as alumnos através de diferentes tipos de xogos e actividades.

5/1/11

Exposición de Cogumelos

Os nenos e nenas de Infantil xunto coas súas mestras e familias estiveron estudando os cogumelos, como colofón deste proxecto fixeron unha exposición dos traballos nos corredores do colexio. Noraboa aos "peques do cole" polo traballo feito.

Saída a Sanxenxo do 1º ciclo

Os alumnos e alumnas do 1º ciclo foron de excursión á Sede Náutica de Sanxenxo, pertencente á Fundación Caixa Galicia para ver unha exposición de fotografías e divertirse facendo unha maletiña de cartón nun entretido obradoiro.
A exposicíón leva o nome de “Nós tamén fomos emigrantes”, unha importante selección de fotografías da Fototeca da Axencia EFE, que mostra a historia da emigración española ao longo do século XIX.


O Magosto

Polo Magosto cantamos todos xuntos unha divertida canción no patio do cole. Logo fixemos xogos en cada ciclo, tamén tivemos o concurso de trompos no que os alumnos e alumnas de Coirón demostráronnos unha vez mais o hábiles que son con este xogo popular e para rematar comemos as castañas, moitas castañas quentiñas e sabrosísimas! Aquí tedes unha mostra das actividades deste día...