14/2/17

DÍA DA PAZ

Un ano máis celebramos no colexio o Día da Paz baixo o lema: " Non ás fronteiras, si ás persoas! Despois de que Lois lese o manifesto a prol da paz e a non violencia, bailamos todos xuntos ao ritmo da canción "Tu enemigo" de Pablo López e Juanes. Para rematar soltamos unha chea de globos para simbolizar o noso desexo de que a paz chegue a todos os recantos do mundo.