26/11/23

CURSO DE VELA

Esta semana o alumnado de 3º marchou a Sanxenxo para sucar os mares. Unha resplandecente mañá de novembro para esta toma de contacto co deporte marítimo.

23/11/23

CONTEXTOS E MASCOTAS

Continuamos a traballar por contextos coñecendo o noso corpo e o seu funcionamento. Esta semana tamén recibimos unha visita moi especial... a das nosas mascotas!

22/11/23

CARREIRA CAMPO A TRAVÉS

A choiva deunos unha tregua e alá marchamos á Carreira Campo a través. Día de deporte, competición, convivencia e recoñecementos. O mellor, poder participar xunto a nenas e nenos doutros lugares.

11/11/23

MAGOSTO

A festa das castañas, o magosto, pasado por auga , pero con celebración por todo o alto. Obradoiro de baile tradicional coa teacher Alba, xogos populares no túnel e degustación do saboroso froito do castiñeiro. Que máis pedir ?

1/11/23

TÚNEL DO MEDO 2023-24

Arrepiante o percorrido polo túnel do medo, grandes e pequenos disfrutámolo moito. Moitas grazas á ANPA Sementeira por facelo posible unha vez máis.

CONTEXTOS ÓSOS, MÚSCULOS, ECOSISTEMAS

Pescudas fotográficas, crebacabezas, modelado...distintos xeitos de traballar os contextos...desta vez foi o turno dos ósos, dos músculos e dos ecosistemas.

Contacontos de medo!!!

E coma non...polo Samaín toca contar contos de medo...Este ano tivemos a sorte de que os nosos e as nosas "contistas" fosen de primeira categoría, basta ver as cariñas dos e das ointes...