Seguindo co programa do 50 Aniversario, o venres pasado visitáronnos a Asociación de Mulleres Ruraria A Telleira de Dena para mostrarnos como fan encaixe de bolillos e cestas. Aos nenos e nenas encantoulles ver como traballaba e algúns dixeron abertamente que queren tamén aprender a facer estas marabillas.
Esta asociación tamén naceu fai moitos anos no noso cole, cos alumnos e mestras de aquel entón, e esas antigas alumnas que a fundaron seguen manténdoa viva aínda hoxe en día. Todo un orgullo que esta asociación nacera aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario