30/11/17

NO PATIO XOGAMOS TODOS E TODAS

Porque pensamos que a igualdade ten que empezar por nós. Somos o xerme de que no futuro non exista o sexismo. No patio xogamos todos e todas e todos e todas temos OS MESMOS DEREITOS.

27/11/17

Carreira de Campo a través

O pasado venres celebrouse nos arredores da praia de Baltar (Portonovo) a primeira proba clasificatoria para o campionato provincial de campo a través escolar, correspondente ao programa XOGADE. Ata alí nos desprazamos máis dun centenar de alumnos e alumnas do centro, correspondentes aos cursos de terceriro cuarto quinto e sexto de primaria.

Un total de 7 nenos e nenas clasificáronse entre os 10 primeiros. Cabe salientar a victoria da alumna de 3ºA Lara González na categoría benxamín feminina, e a segunda posición de Hugo Meis na categoría benxamín masculina.

Os rapaces e rapazas puideron desfrutar dunha mañá soleada e dun entorno magnífico para a práctica deportiva.


22/11/17

E TI, POR QUE CHORAS?

A nosa caixa de correos máis activa ca nunca. A pregunta é ...E ti por que choras? Pensamos, ante dúas situacións parellas, unha posible explicación, só temos que completar a banda deseñada.

13/11/17

O Magosto nos Pasales

Queredes ver fotos da festa do magosto nos Pasales??? Pois aquí as tedes. Un precioso día para lembrar!!

8/11/17

FOTOS TÚNEL DO MEDO

CABAZAS PREMIADAS NO CONCURSO

Ante todo agradecer novamente a implicación das familias do noso colexio nunha actividade tan creativa e fermosa como esta. Todos os anos nos sorprende a numerosa participación e a calidade dos traballos presentados, e este ano non ía ser menos, MOITíSIMAS GRAZAS a todos os participantes.

Estas son as cabazas premiadas por ciclo;

INFANTIL E PRIMEIRO CICLO

A MÁIS ORIXINAL

A MELLOR PINTADA

A MELLOR TALLADA

2º CICLO

A MÁIS ORIXINAL

 

A MELLOR PINTADA

 

A MELLOR TALLADA

3º CICLO

 A MÁIS ORIXINAL

A MELLOR PINTADA

A MELLOR TALLADA

2/11/17

CÓNTANOS CAL FOI O TEU PEOR PESADELO!!!

Os /as nenos/-as tiveron a oportunidade de contar os seus soños terroríficos nestes días do Samaín...
E ti, tamén tes pesadelos?