10/11/16

Cabazas premiadas no Concurso

Aquí vos deixamos as cabazas premiadas no Concurso de Cabazas deste ano. Os premios entregaranse o día 25 durante a celebración do Magosto.
Grazas por estas marabillas e por todo o agarimo e ilusión que poñedes en todas esas cabazas que encheron as mesas do colexio!!

31/10/16

TÚNEL DO MEDO 2016

Un ano mais montamos no túnel un espacio de "MEDO" para celebrar o Samaín cheiño de monstruos, e escenarios terroríficos.
Aquí vos deixamos unhas fotos que nos quitaron ao saír do túnel, incluso tivemos pais e nais intrépidos dispostos a  e a recorrer o túnel, mirade, mirade que cariñas de medo!!

23/6/16

CARAS DE FIN DE CURSO

A todos e todas...BOAS VACACIÓNS!!!

A BAILAAAAAARRRRRR!!!!

GRADUACIÓN DE 6º

Bos días compañeiros, compañeiras, mestres e mestras! Estamos aquí para despedirnos de todos vós. Marchamos. Ímonos para secundaria. Hoxe é un día para o recordo e tamén para a ilusión pois empeza unha nova etapa da nosa vida. Recordades cando xogabamos no parque de infantil, cando iamos na fila, agarrados do mandil? Despois chegou a primaria. As nosas filas nunca foron filas ben feitas, falabamos porque sempre tiñamos algo que dicir, algo que comentar… O que aprendemos todos estes cursos é que ao colexio non so se ven a estudar vense tamén a relacionarnos, a coñecernos, a tratarnos, en resumo, a formarnos como persoas. Persoas de futuro, persoas cun futuro que está aí, ao outro lado dese enreixado. Queremos dar as grazas a todas aquelas persoas que ao longo de todos estes anos fixeron de nós o que agora somos, un grupo de nenos e nenas cheos de inquedanzas e de curiosidade por ver o que nos agarda. Tamén estamos tristes por deixarvos pero prometemos que nunca vos esqueceremos e que os momentos que pasamos xuntos xa están para sempre no noso corazón. Agora como alumnos e alumnas graduados de primaria tiraremos os nosos bonetes como sinal de que acaba unha etapa e outra comeza. Alumnos e alumnas de 6º, bonetes ao ceo! Unha, dúas e… TRES!!!

FESTIVAL FIN DE CURSO

O mago Marco, entrega de diplomas, medallas...unha mañá moi intensa!!!

CETRERÍA

o luns asisitimos a unha denmostración de cetrería, esta arte de criar e adestrar aves rapaces. Aguias, mouchos, aguiúchos,curuxas...

6/6/16

Carreina no Abrente

                   OUTRA CARREIRA NO ABRENTE
O pasado venres día 3, fomos invitados outro ano máis á carreira no Abrente. 
A xornada aconteceu sen incidentes e acadamos bastantes medallas (incluso dos máis pequenos). 
Parabéns a tod@s!


27/5/16

EVA MEJUTO

Chegou o día!!! Eva Mejuto no noso centro...que momemtos tan máxicos e divertidos...Grazas Eva pola túa colaboración, polos teus libros e pola túa adicación a nós e as gañas que demostras animándonos a ler!!!

25/5/16

Cantando con Xurxo Souto

XURXO SOUTO

Visita esperada, excepcional!!!Hoxe estivo connosco o incomparable Xurxo Souto...polifacético onde os haxa...cantas cousas nos contou e cantou...cantos recordos...cantas reivindicacións...a nosa fala...o noso pasado musical, histórico...MEDRE O MAR!!! MEDREEEEEEE!!!

MERCADIÑO SOLIDARIO

Libretas, pousavasos, marcadores, obxectos de globoflexia...rifas, agasallos e sobre todo moita moita ilusión e moitas moitas gañas de axudar, de compartir, de agradecer o taballo do refuxio de animais de Cambados por facerlle a vida máis doada a eses os nosos amigos xa...Unha idea xurdida do grupo de alumnos e alumnas de PROA do centro coordinados pola súa profe, Marta. Este foi o resultado. Unha tarde chea de caras alegres, de boa compaña e desas persoas que tan amablemente acudiron á súa invitación co único propósito de colaborar...Ben por todos!!! Ben por estas iniciativas!!!Ben feito rapaces e rapazas!!! Graciñas, profe Marta!!!

20/5/16

"A VIAXE DAS PALABRAS"

Marta e Brais definen " A Tropa de Trapo" coma un "feixe de historias e melodías, de realidades, de soños e moitas ganas de seguir dándolle vida ao fío delicado que é a transmisión oral"...e así nos presentaron hoxe o seu espectáculo, promovido polo Concello, para celebrar o mes das nosas letras, "A viaxe das palabras"...grazas Tropa por facernos viaxar ao fantástico e gozoso mundo dos contos!!!

29/4/16

Adestramento en positivo. Visita do Refuxio de animais de Cambados

Por terceira vez neste curso tivemos o pracer de ter connosco ao Refuxio de animais de Cambados. Nas visitas anteriores faláronnos de que é o Refuxio, da adopción e dos coidados dos animais. Nesta ocasión o tema era o adestramento en positivo.
A todos nos gustan os cans que fan cousas simpáticas e que son obedientes. Olga e o seu equipo o que fixeron foi explicarnos que non é difícil adestrar un can, só hai que darlle moito cariño, adicarlle tempo e recompensalo cada vez que consigue o que lle estamos ensinando, e cando comete un erro animalo a seguir. Isto non hai mellor maneira de explicalo que ver como se fai e sobre todo con prácticas. Estamos segurísimos que o noso alumnado conseguiu sobradamente captar a mensaxe, non debemos maltratar aos animais para adestralos, todo o contrario, se somos bos amigos deles conseguiremos moitos mellores resultados e ademias sempre se remarca netas visitas que o maltrato animal é de delincuentes!!
Grazas Olga e equipo, grazas Refuxio de Animias de Cambados por todo o que nos estades ensinando. Pero nesta ocasion debemos sobre todo agredeecerlle e Mia, Drako, Claus e Kira a súa simpatía e paciencia con nós, que animais mais marabillosos


13/4/16

NON TEÑO MEDOOOOOOOOO!!!

ESTE NOSFERATU QUERÍANOS ASUSTAR...PERO NON O CONSEGUIU... A QUE NON??? GRAZAS, TEATRO CARACOL, UN ANO MÁIS, POR FACÉRNOLO PASAR TAN BEN!!!

10/3/16

REFUXIO DE CAMBADOS. A ADOPCIÓN

Onte recibimos, de novo, a sempre agradable visita, dos nosos amigos e amigas do Refuxio de animais de Cambados. Olga presentounos a uns acompañantes moi especiais que non ensinaron como non hai que deixarse gañar polas adversidades, hai que vencelas e seguir adiante coma Nor ou Nora;falounos da adopción dos animais do refuxio e do importante que é tomar conciencia do compromiso e a responsabilidade que adquirimos cando decidimos deixar entrar nas nosas vidas a uns seres tan especiais que precisan do noso cariño e coidados. Logo chegaron Lilo e Tintín que fixeron as delicias de todos e todas. Deixaron que lles deramos de comer e aí si que se armou...Foi unha tarde fantástica, e quedamos con gañas de máis!Así que ata a vindeira!

14/2/16

Fotos entroido 2016

Este ano tivemos un entroido moi animal!! Exploradores, elefantes, pitos, dálmatas, ourizos, crocodilos...e todo tipo de bichería. Houbo hasta manifestación contra o maltrato animal!! E para rematalo ben moitos doces riquísimos feitos polas familias. Grazas pola vosa inestimable colaboración, así da gusto!!


30/1/16

DÍA DA PAZ 2016

Hoxe celebramos o Día da Paz no Ceip Coirón Dena. Comezamos con unha charla sobre colombofilia e para isto tivemos a sorte de contar con dous expertos no tema do Club Colombófilo Pombas do Salnés, grazas Roberto e Carlos pola vosa aportación, foi moi interesante e os mozos e mozas de 3º, 4º, 5º e 6º e o seu profesorado aprendemos moito de vós.


 Logo saímos todo o colexio ao patio para ver un marabilloso espectáculo, unha solta de pombas que simbolizaron perfectamente o que hoxe sentiamos



Finalmente e grazas ao profesor de música, o noso Rafa, fixemos un precioso baile co que escorrentamos o frío e botamos unhas boas risas, o cumio perfecto para un día moi especial no Ceip Coirón Dena