25/2/19

ENTROIDO 2019

ENTROIDO, PERSPECTIVA DE RATICONTO

 SE AO COLE QUERES VIR. UN BONITO DISFRAZ TERÁS QUE VESTIR.



 SE DO ENTROIDO QUERES SER O MÁIS MOLÓN, PON CALCETÍNS LONGOS POR RIBA DO PANTALÓN. E SE QUERES PASALO MELLOR, TRAE UN ZAPATO DE CADA COR.


 


 ESTE MARTES DE FESTA .TRAE UNHA PERRUCA OU LENTES NA TESTA.


 


 SE A UN EXECUTIVO TE QUERES PARECER,ALGO NO PESCOZO TERÁS QUE TRAER.


 

20/2/19

Día da PAZ 2019

Por fin o tempo nos deu unha tregua para poder facer a nosa celebración do Día da Paz, houbo manifesto, unha canción, e coma non, un baile no que participamos todos e todas. Este ano o lema foi "Armémonos de Paz" Aquí vos deixamos un vídeo e un par de fotiños do día




Día da PAZ 2019

18/2/19

Campionato Provincial Campo a Través

O pasado xoves día 7 de febreiro celebrouse na Azucareira de Portas a primeira edición do Campionato Provincial de Campo a Través do programa XOGADE. O alumnado clasificado para dita proba foi o de terceiro de primaria. Todos e todas desfrutaron dunha gran xornada soleada e deportiva. Salientar a Daniela Besada e Martín García que clasificaron entre as/os 10 primeiras e primeiros das súas respectivas carreiras.