31/5/15

O Ceip Coirón recibe o Olloboi On-Line co videoclip Maruxa

Onte unha representación de familias, alumnos e alumnas e mestres/as do Ceip Coirón vivimos unha xornada moi especial e chea de emocións positivas na entrega de premios da Gala Olloboi en Boiro.

Entre nervios e risas tivemos que esperar a que entregaran oito premios dos dez que repartían e ver o noso viveoclip nominado cinco veces para que nos chegara o turno de subir a buscar o noso galardón, entregáronnos o Olloboi On-line iso quere dicir que fomos o vídeo mais votado, polo que temos que dicirvos a todos e todas os que nos votastes MOITAS GRAZAS!!!

O noso agradecemento tamén á organización dos Olloboi, é increible o que se pode lograr con traballo e ilusión.

E como non, darlle as grazas ás familias e mestres/as que se desprazaron a Boiro xa que ainda que foi unha experiencia inolvidable pero foi tamén agotadora.O papel de representantes da nosa comunidade educativa foi perfecta!!
Seguiremos traballando un pouquichiño mais cansos, pero iso si cun sonriso e con moitas ganas de seguir sendo un centro con moita vida e ledicia, superar isto vai ser difícil pero poremos moita enerxía en intentalo.

GRAZAS de todo corazón por apoiarnos e crer no que facemos!!

Aquí tedes unha boa mostra das fotos de onte, mirade que caras de felicidade!!

Novas na prensa: La Voz de Galicia (Edición Barbanza)

26/5/15

LETRAS GALEGAS 2015

O pasado venres tivemos o Festival das Letras Galegas. Nel houbo cabida para todo tipo de "artistadas": cancións, bailes, musicais, anuncios, recitado de poemas, obras de teatro...Todo isto misturado coas novas tecnoloxías, co Plan Proxecta, e sobre todo con moito sentido do humor.
Deixámosvos aquí unha mostra en fotos de todo o que se fixo...Pero sobre todo o mellor foi o ben que o pasaron os/as cativos/as



10/5/15

MARUXA

Xa podedes ver o videoclip que se gravou no noso cole coa participación dos nenos e nenas de infantil, 1º, 2º e 4º curso.
Dado que quedou tan ben feitiño imos participar con el nun concurso que se chama OLLOBOI, queremos que sexa o vídeo mais votado e para iso precisamos da vosa axuda. Primeiro mirade o vídeo e se pensades que merece gañar so tedes que ir ao enderezo que vos deixamos a continuación e cubrir os datos que vos piden,
RECORDADE QUE O VÍDEOCLIP chámase MARUXA.
Os nosos agradecementos a Rafa, sen ti isto non sería posible, e lóxicamente a todos os artistas que participan nesta marabilla

 
Maruxa from Ceip Coiron on Vimeo.

Para votar: https://docs.google.com/forms/d/1VLbaAGjMo-H0i61BVitqcoZnx6t6Uxt6qd9Tb9Ua6aQ/viewform?fbzx=5139188799725874659