27/6/18

Festival fin de curso

Que día tan completo e divertido, música a esgallo, e diversión para todos e todas. Estamos rodeados de grandes artistas, é certo que Rafa saca o mellor de vós pero se non houbera materia prima pouco se podería facer. Este ano ademais hasta cantastes en English. Xeinais!!

Graduación 6º de Primaria

E chegou o momento mais esperado pero tamén mais temido, que ledicia velos aí feito uns pequenos/as homes/mulleres, pero que peniña telos que despedir... Lembrádenos sempre como mesmo agarimo que vos lembraremos nós. Moita sorte e sobre todo non esquezades nunca o respecto ao s demais e a vós mesmmos/as. Biquiños e apertas para os nosos tesouros grandes!!

Excursión a Manzaneda

Un merecido descanso despois de un intenso traballo... Que ben o pasaron os nosos rapaces e rapazas en Manzaneda. Son instantes para non esquecer, risas, aire libre, tempo de lecer, novas experiencias e sobre todo camaradería.

Graduación do alumnado de sexto de infantil

Os peques medran, medran moi rápido, aínda parece que foi onte cando este grupiño de nenos e nenas chegaban ao cole por primeira vez da man dos seus pais e nais...E fai uns días resulta que xa rematan a educación infantil e están listos para dar un dos seus grandes pasos, aterrar en educación primaria.
Daba xenio velos tan guapos e guapas, tan sorrintes, e tan agarimosos coa súa mestra Maribel que lles adicou unhas fermosísimas palabras.
Grazas "peques grandes" por ser tan marabillosos, grazas Maribel por acompañalos e grazas familias por confiarnos os vosos maiores tesouros.