22/3/18

POR FIN NO NOSO COLE...MARÍA CANOSA!!!

Máñá máxica da man dunha creadora sen par...María Canosa... Grazas pola túa visita e por facernos gozar duns momentos inolvidables primeiro léndote e onte, téndote connosco!!!

21/3/18

3ª Xornada Deporte na Escola

O martes 20, celebramos no centro a terceira xornada de "Deporte na Escola", esta vez foi o turno para os nenos e nenas de 5ºA. O colexio visitante foi o CEIP Noalla-Telleiro. Desfrutamos dunha xornada moi divertida e activa no pavillón do noso colexio.

9/3/18

A QUE MULLER ADMIRAS?

A nosa caixa de correos preparada para que todas e todos falemos das mulleres que admiramos...pode que non estean moi lonxe de nós... E ti, a que muller admiras?

7/3/18

2ª Xornada Deporte na Escola

O pasado mércores celebrouse no colexio Abrente de Portonovo a segunda xornada de Deporte na Escola, organizada pola Agrupación Deportiva Val do Salnés. Ata alí se desprazou o alumnado de 3ºB, para desfrutar de esta xornada deportiva. Unha vez máis, reinou o bo comportamento e a diversión. Aquí deixamos unha imaxe dos nenos participantes