Pois xa pasou o día pero aínda queda nos nosos corazóns e nas nosas mentes a marabillosa celebración deste 50 Aniversario do CEIP Coirón-Dena.
Unha celebración que non houbera sido posible sen o apoio de ANPA, familias, mestres/as, nenos/as e o Concello de Meaño, aos que lle agradecemos de todo corazón o apoio, o agarimo e o traballo que puxeron para que isto fora posible.
Tamén debemos dar grazas A Asociación Cultural Penaguda, aos Danzantes de Cobas e á Banda de Música de Meaño. Nestas agrupacións houbo, hai e haberá alumnos e alumnas do noso centro, polo que a súa participación aínda se fixo moito máis significativa.
Dar grazas tamén ao CEIP As Covas por deixarnos os xogos tradicionais e vir a apoiarnos neste gran día.
E como non agradecer a todos e todas os/as asistentes que quixeron estar connosco disfrutando e celebrando este cumpreanos do colexio. Miraras para onde miraras atopabas con caras de ledicia, con apertas, palabras de agarimo e outras mostras de cariño entre antigos alumnos e antigos mestres e mestras, pois foron moitos os que se achegaron a pasar o día connosco.
GRAZAS, GRAZAS e mil veces GRAZAS!!
Aquí vos deixamos alugúns deses momentos de celebración e festa
O pabillón parecía unha gran sala de festas, estaba precioso. A ANPA Sementeira traballou moitas horas para deixalo así de bonito e o Concello enmoquetou o chan, facéndoo mais cálido e acolledor.
Os xogos tradicionais do CEIP As Covas fixeron a ledicia de grandes e pequenos que botaron boas risas xogando e compartindo momentos de risa e diversión
As actuacións de Penaguda, Os Danzantes de Cobas e A Banda de Música de Meaño amenizaron o tempo antes da comida e pola tarde tivemos aos nosos grandes artistas do colexio que cantaron, dirixidos polo profe Rafa, algúns dos "Grandes Éxitos do colexio".
O Photocall matutino
O photocall de tarde
No hay comentarios:
Publicar un comentario