13/12/19

Xogos, música e castañas no magosto

Que ben o pasamos no magosto, tivemos moitos xogos populares, música en directo por parte dos grandes artistas de Penaguda e castañas asadas. Grazas a quen fixestes isto posible!!

Entrega de premios

Ao remate da obra de teatro vivimos o momento da entrega dos premios dos Lectores Olímpicos e do Concurso de cabazas. Da gusto ver o orullosos/as que van a recoller o seu agasallo.

Teatro da diversidade

Polo magosto un gran grupo de marabillosos actores e actrices ofrecéronnos unha divertida obra de teatro cheiña de valores. Misturaron varios contos populares: Carapuchiña, Os tres porquiños e Os sete cabritos para explicarnos que mulleres e homes somos iguais en dereitos e capacidades, que facer bulling está moi mal e outros valores igual de importantes para a formación do noso alumnado.
Foi moi divertido e entretido.
Mirade as fotos que de seguro que vos escapará un sorriso!!