13/5/23

OBRADOIROS DE XABÓN

Desde 1º a 3º obradoiros de xabón artesanal. Elaborado a man desde o primeiro e ata o último paso con ingredientes naturais de orixe vexetal que axuda ao coidado do medio ambiente ao non empregar químicos na súa elaboración.

RECOLLEMOS OS NOSOS FABÓNS

O sementado deu o seu froito e non hai mellor gratificación que poder recoller o resultado do noso traballo.

 

6/5/23

PLAN DIRECTOR CIBERSEGURIDADE

Onte tivemos, dentro do programa Plan Director, unha charla sobre ciberseguridade onde nos ensinaron como manexarnos, de xeito seguro, cos nosos dispositivos.

3/5/23

Multideporte

A semana pasada recibimos no colexio para unha nova xornada de multideperote aos/ás compañeiros/as do CEIP As Covas. Unha mañá de deporte e convivencia.

DÍA DA ACTIVIDADE FÍSICA

O día 6 de abril foi instaurado no ano 2002 pola OMS (Organización Mundial da Saúde) co fin de concienciar á poboación sobre a importancia da actividade física diaiae o beneficios que representa para a saúde. Este curso celebrámolo no colexio, como non podía der doutra maneira, no noso pavillón xogando e compartindo.

2/5/23

VISITA DE ÉRICA ESMORÍS

Visitounos Érica Esmoris para falarnos sobre o libro que estivemos a ler en 3º e 4º, "Patio de LUces", unha historia ben bonita sobre unha nena, Lea, que pasa os venres pola tarde co seu avó que é porteiro nun edificio. Lea sae ao paio de luces, algo que non debería facer, e así comeza a aventura.

 

TEATRO CARACOL

Un ano máis o Teatro Caracol de Cambados agasallounos cunha obra de teatro. Esta vez nada máis e nada menos que unha adaptación dun dos "Autos Sacramnetais" do insigne Calderón de la Barca. "O gran teatro do mundo ",levaba por título, sorrisos,risas, música...Que grande!


!     

A REMAR!!!

Iniciación ao piragüismo protagonizado polas chicas e polos chicos de 6º. Remando ao vento!

UN ESTANQUE CHEO DE VIDA

Un pequeno ecosistema no noso centro. o estanque, un lugar onde aprender a respectar aos seres vivos que nos arrodean.

 

CITA CUN LIBRO

Xogo de intriga...que libro será? Cinco pistas e unha semana para adiviñalo...Fostes quen de facelo???Así celebramos o Día do Libro e dos Dereitos de Autor.

 

CREANDO SOBRE BOLSAS ECOLÓXICAS

Activade ofertada por A Fundación que lle permitiu ao alumnado de 3º e 4º crear sobre bolsas con pintura ecolóxica.

PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS

Promovida por A Fundación unha actividade na que decoramos un dos muros do noso centro con pinturas ecolóxicas cun resultado moi vistoso.
.

UNHA BIBLIOTECA CADA VEZ MÁIS ACOLLEDORA

A casiña de Raticonto cada vez máis cuca...un espazo moi acolledor onde compartir ratiños de lecer en boa compaña.