27/6/18

Graduación do alumnado de sexto de infantil

Os peques medran, medran moi rápido, aínda parece que foi onte cando este grupiño de nenos e nenas chegaban ao cole por primeira vez da man dos seus pais e nais...E fai uns días resulta que xa rematan a educación infantil e están listos para dar un dos seus grandes pasos, aterrar en educación primaria.
Daba xenio velos tan guapos e guapas, tan sorrintes, e tan agarimosos coa súa mestra Maribel que lles adicou unhas fermosísimas palabras.
Grazas "peques grandes" por ser tan marabillosos, grazas Maribel por acompañalos e grazas familias por confiarnos os vosos maiores tesouros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario