21/12/17

UN NADAL DIFERENTE...

E é que onte o noso cole encheuse dunha maxia moi especial, daquela que fai que todos e todas teñamos un mesmo obxectivo e traballemos en harmonía para acadalo...e así foi posible vivir este tempo  no que todos e todas compartimos uns deliciosos momentos coas nosas familias...Grazas pola vosa visita...a verdade é que estabamos un pouco nerviosos e nerviosas...pero os vosos aplausos foron o mellor agasallo deste Nadal que xa se respira...
E como olvidar o noso mercadillo...eses cartiños para "O PATIO QUE QUEREMOS"...fostes tan xenerososo e xenerosas e hai tanto que agradecer...Grazas...MOITAS GRAZAS...porque sabedes que sen vós isto non sería posible.
BO NADAL E FELIZ ANINOVO!!!

30/11/17

NO PATIO XOGAMOS TODOS E TODAS

Porque pensamos que a igualdade ten que empezar por nós. Somos o xerme de que no futuro non exista o sexismo. No patio xogamos todos e todas e todos e todas temos OS MESMOS DEREITOS.

27/11/17

Carreira de Campo a través

O pasado venres celebrouse nos arredores da praia de Baltar (Portonovo) a primeira proba clasificatoria para o campionato provincial de campo a través escolar, correspondente ao programa XOGADE. Ata alí nos desprazamos máis dun centenar de alumnos e alumnas do centro, correspondentes aos cursos de terceriro cuarto quinto e sexto de primaria.

Un total de 7 nenos e nenas clasificáronse entre os 10 primeiros. Cabe salientar a victoria da alumna de 3ºA Lara González na categoría benxamín feminina, e a segunda posición de Hugo Meis na categoría benxamín masculina.

Os rapaces e rapazas puideron desfrutar dunha mañá soleada e dun entorno magnífico para a práctica deportiva.


22/11/17

E TI, POR QUE CHORAS?

A nosa caixa de correos máis activa ca nunca. A pregunta é ...E ti por que choras? Pensamos, ante dúas situacións parellas, unha posible explicación, só temos que completar a banda deseñada.

13/11/17

O Magosto nos Pasales

Queredes ver fotos da festa do magosto nos Pasales??? Pois aquí as tedes. Un precioso día para lembrar!!

8/11/17

FOTOS TÚNEL DO MEDO

CABAZAS PREMIADAS NO CONCURSO

Ante todo agradecer novamente a implicación das familias do noso colexio nunha actividade tan creativa e fermosa como esta. Todos os anos nos sorprende a numerosa participación e a calidade dos traballos presentados, e este ano non ía ser menos, MOITíSIMAS GRAZAS a todos os participantes.

Estas son as cabazas premiadas por ciclo;

INFANTIL E PRIMEIRO CICLO

A MÁIS ORIXINAL

A MELLOR PINTADA

A MELLOR TALLADA

2º CICLO

A MÁIS ORIXINAL

 

A MELLOR PINTADA

 

A MELLOR TALLADA

3º CICLO

 A MÁIS ORIXINAL

A MELLOR PINTADA

A MELLOR TALLADA

2/11/17

CÓNTANOS CAL FOI O TEU PEOR PESADELO!!!

Os /as nenos/-as tiveron a oportunidade de contar os seus soños terroríficos nestes días do Samaín...
E ti, tamén tes pesadelos?

12/9/17

VOLVEMOS DAS VACACIÓNS!!!

Ola!!! Xa de volta... si, estes primeiros días custan un poquiño...pero todos e todas estamos tamén moi ilusionados e ilusionadas con este novo curso que comeza. Ánimo!!!

29/8/17

Asamblea " O Patio que queremos"

O prometido é deuda...aquí tedes ao completo a asamblea que fixemos cos representates de cada clase para tomar decisión sobre o patio que que queremos coa axuda das arquitectas de Taller Abierto. É un pouquiño longo pero vale a pena velo e sobre todo escoitalos

28/8/17

Feria das Ciencias

Como remate das clases de PROA, os mozos e mozas xunto coa súa mestra quixeron mostrarnos todo o que foron capaces de aprender, dun xeito ameno e divertido. Deixamos aquí algunhas fotos que vos permitirán facervos unha idea desta fantástica actividade. Feria das Ciencias

(Para ver todas as fotos situade o cursor sobre a imaxe e logo ide pasando a frechiña da dereita)

13/8/17

Fin de curso 20016 2017

Moita sorte meus nenos e nenas!! Sode marabillosos, nunca esquezades que aquí tedes a vosa casa e sempre seredes ben recibidos

Carreira solidaria CEIP Coirón Dena 2017

Mais vale tarde que nunca....De seguro que disfrutaredes moito vendo este magnífico traballo, Foi unha bonita experiencia e os nenos e nenas do Ceip Coirón pasárono en grande como podedes ver.

20/3/17

EDUCACIÓN VIARIA

Concienciando ao alumnado sobre as normas de circulación como conductores e peóns. Pasámolo xenial!

14/2/17

DÍA DA PAZ

Un ano máis celebramos no colexio o Día da Paz baixo o lema: " Non ás fronteiras, si ás persoas! Despois de que Lois lese o manifesto a prol da paz e a non violencia, bailamos todos xuntos ao ritmo da canción "Tu enemigo" de Pablo López e Juanes. Para rematar soltamos unha chea de globos para simbolizar o noso desexo de que a paz chegue a todos os recantos do mundo.

5/1/17

Festival Nadal 2016

Para rematar o trimestre, os Reis Magos visitaron o CEIP Coirón Dena e compartimos con eles os nosos mellores desexos e as actuacións que tiñamos preparadas para o Festival de Nadal. Esta noite pasarán polas vosas casas para deixarvos os agasallos, así que, bulide e ide cedo para a cama. Felices Festas!