5/1/11

Exposición de Cogumelos

Os nenos e nenas de Infantil xunto coas súas mestras e familias estiveron estudando os cogumelos, como colofón deste proxecto fixeron unha exposición dos traballos nos corredores do colexio. Noraboa aos "peques do cole" polo traballo feito.

Saída a Sanxenxo do 1º ciclo

Os alumnos e alumnas do 1º ciclo foron de excursión á Sede Náutica de Sanxenxo, pertencente á Fundación Caixa Galicia para ver unha exposición de fotografías e divertirse facendo unha maletiña de cartón nun entretido obradoiro.
A exposicíón leva o nome de “Nós tamén fomos emigrantes”, unha importante selección de fotografías da Fototeca da Axencia EFE, que mostra a historia da emigración española ao longo do século XIX.


O Magosto

Polo Magosto cantamos todos xuntos unha divertida canción no patio do cole. Logo fixemos xogos en cada ciclo, tamén tivemos o concurso de trompos no que os alumnos e alumnas de Coirón demostráronnos unha vez mais o hábiles que son con este xogo popular e para rematar comemos as castañas, moitas castañas quentiñas e sabrosísimas! Aquí tedes unha mostra das actividades deste día...