8/12/21

OS BOLECHAS

Desta vez Os Bolechas viven unha das súas aventuras na Escola Municipal de Música de Meaño. Onde ninguén desafina. Unha melodía de igualdade, respecto, convivencia e diversidade.

DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

O pasado día 3 conmemoramos do Día da Diversidade Funcional. Tivemos obradoiros de Diversidade visual, motora e auditiva. Practicamos goalball e coñecemos a linguaxe braille. Tentamos desprazarnos privados da visión e coas mans atadas por un circuíto cheo de obstáculos. Coñecemos o noso nome e aprendemos a signalo en LS, tamén aprendemos a presentarnos nesta linguaxe. Elaboramos un chaveiro co seu alfabeto. As e os máis peques, ademais, recibimos ao Refuxio de animais de Cambados e Olga explicounos a importancia dos cans para as persoas con diversidade funcional. Un día diversamente completo.

BO TRATO

Novembro foi un mes adicado ao Bo Trato como ben o anunciaba o mural da entrada do colexio. Celebracións como o Día Internacional dos Dereitos dos nenos e nenas e o Día Internacional pola eliminación da violencia de xénero protagonizaron o penúltimo mes do ano.