15/2/22

Xornada de atletismo de Xogade no CGTD de Pontevedra


Os alumnos de Quinto de Primaria participaron nunha Xornada de Promoción de Atletismo en Pista no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

10/2/22

REAPERTURA DA NOSA BIBLIOTECA

O día tan esperado chegou por fin! Este pasado luns voltou abrir a nosa biblioteca. Moitas gañas e moita emoción se respiraba no ambiente...e tamén, como non, curiosidade por ver a renovada casa do noso ratiño. Que chulada, que bonitiña, que "cuqui"!!! Agora a disfrutala, a vivir os milleiros de aventuras que vos agardan agochadas nas páxinas dos fermosos libros que habitan na mansión de Raticonto. Que a viaxe vos sexa propicia! Vémonos por alí!

9/2/22

Día da Paz 2022

CELEBRAMOS A PAZ XOGANDO

O pasado venres, 28 de xaneiro, celebramos o Día Internacional da Paz e da Non Violencia xogando, no patio cuberto, a " De pomba en pomba". Divertida e fría mañá que gozamos e quecemos.

8/12/21

OS BOLECHAS

Desta vez Os Bolechas viven unha das súas aventuras na Escola Municipal de Música de Meaño. Onde ninguén desafina. Unha melodía de igualdade, respecto, convivencia e diversidade.

DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

O pasado día 3 conmemoramos do Día da Diversidade Funcional. Tivemos obradoiros de Diversidade visual, motora e auditiva. Practicamos goalball e coñecemos a linguaxe braille. Tentamos desprazarnos privados da visión e coas mans atadas por un circuíto cheo de obstáculos. Coñecemos o noso nome e aprendemos a signalo en LS, tamén aprendemos a presentarnos nesta linguaxe. Elaboramos un chaveiro co seu alfabeto. As e os máis peques, ademais, recibimos ao Refuxio de animais de Cambados e Olga explicounos a importancia dos cans para as persoas con diversidade funcional. Un día diversamente completo.