O día tan esperado chegou por fin! Este pasado luns voltou abrir a nosa biblioteca. Moitas gañas e moita emoción se respiraba no ambiente...e tamén, como non, curiosidade por ver a renovada casa do noso ratiño.
Que chulada, que bonitiña, que "cuqui"!!!
Agora a disfrutala, a vivir os milleiros de aventuras que vos agardan agochadas nas páxinas dos fermosos libros que habitan na mansión de Raticonto.
Que a viaxe vos sexa propicia!
Vémonos por alí!
No hay comentarios:
Publicar un comentario