8/12/21
DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL
O pasado día 3 conmemoramos do Día da Diversidade Funcional.
Tivemos obradoiros de Diversidade visual, motora e auditiva.
Practicamos goalball e coñecemos a linguaxe braille.
Tentamos desprazarnos privados da visión e coas mans atadas por un circuíto cheo de obstáculos.
Coñecemos o noso nome e aprendemos a signalo en LS, tamén aprendemos a presentarnos nesta linguaxe. Elaboramos un chaveiro co seu alfabeto.
As e os máis peques, ademais, recibimos ao Refuxio de animais de Cambados e Olga explicounos a importancia dos cans para as persoas con diversidade funcional.
Un día diversamente completo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario