Por terceira vez neste curso tivemos o pracer de ter connosco ao Refuxio de animais de Cambados. Nas visitas anteriores faláronnos de que é o Refuxio, da adopción e dos coidados dos animais. Nesta ocasión o tema era o adestramento en positivo.
A todos nos gustan os cans que fan cousas simpáticas e que son obedientes. Olga e o seu equipo o que fixeron foi explicarnos que non é difícil adestrar un can, só hai que darlle moito cariño, adicarlle tempo e recompensalo cada vez que consigue o que lle estamos ensinando, e cando comete un erro animalo a seguir. Isto non hai mellor maneira de explicalo que ver como se fai e sobre todo con prácticas.
Estamos segurísimos que o noso alumnado conseguiu sobradamente captar a mensaxe, non debemos maltratar aos animais para adestralos, todo o contrario, se somos bos amigos deles conseguiremos moitos mellores resultados e ademias sempre se remarca netas visitas que o maltrato animal é de delincuentes!!
Grazas Olga e equipo, grazas Refuxio de Animias de Cambados por todo o que nos estades ensinando.
Pero nesta ocasion debemos sobre todo agredeecerlle e Mia, Drako, Claus e Kira a súa simpatía e paciencia con nós, que animais mais marabillosos
No hay comentarios:
Publicar un comentario