23/6/16
GRADUACIÓN DE 6º
Bos días compañeiros, compañeiras, mestres e mestras!
Estamos aquí para despedirnos de todos vós. Marchamos. Ímonos para secundaria.
Hoxe é un día para o recordo e tamén para a ilusión pois empeza unha nova etapa da nosa vida.
Recordades cando xogabamos no parque de infantil, cando iamos na fila, agarrados do mandil?
Despois chegou a primaria. As nosas filas nunca foron filas ben feitas, falabamos porque sempre tiñamos algo que dicir, algo que comentar…
O que aprendemos todos estes cursos é que ao colexio non so se ven a estudar vense tamén a relacionarnos, a coñecernos, a tratarnos, en resumo, a formarnos como persoas. Persoas de futuro, persoas cun futuro que está aí, ao outro lado dese enreixado.
Queremos dar as grazas a todas aquelas persoas que ao longo de todos estes anos fixeron de nós o que agora somos, un grupo de nenos e nenas cheos de inquedanzas e de curiosidade por ver o que nos agarda.
Tamén estamos tristes por deixarvos pero prometemos que nunca vos esqueceremos e que os momentos que pasamos xuntos xa están para sempre no noso corazón.
Agora como alumnos e alumnas graduados de primaria tiraremos os nosos bonetes como sinal de que acaba unha etapa e outra comeza.
Alumnos e alumnas de 6º, bonetes ao ceo! Unha, dúas e… TRES!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario