8/12/21

DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

O pasado día 3 conmemoramos do Día da Diversidade Funcional. Tivemos obradoiros de Diversidade visual, motora e auditiva. Practicamos goalball e coñecemos a linguaxe braille. Tentamos desprazarnos privados da visión e coas mans atadas por un circuíto cheo de obstáculos. Coñecemos o noso nome e aprendemos a signalo en LS, tamén aprendemos a presentarnos nesta linguaxe. Elaboramos un chaveiro co seu alfabeto. As e os máis peques, ademais, recibimos ao Refuxio de animais de Cambados e Olga explicounos a importancia dos cans para as persoas con diversidade funcional. Un día diversamente completo.

BO TRATO

Novembro foi un mes adicado ao Bo Trato como ben o anunciaba o mural da entrada do colexio. Celebracións como o Día Internacional dos Dereitos dos nenos e nenas e o Día Internacional pola eliminación da violencia de xénero protagonizaron o penúltimo mes do ano.

22/11/21

Carreira Campo a Través 2021. Desfrutando co deporte escolar

O día 17 de novembro o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º participou na xornada de campo a través en Portonovo, dento do programa Xogade da Consellería. Pasámolo xenial!! 

CARREIRA CAMPO A TRAVÉS

O mércores pasado marchamos a Portonovo para participar na carreira campo a través do XOGADE.

20/11/21

MAGOSTO NOS PASALES

O pasado venres marchamos aos Pasales celebrar o magosto. Paseo, xogos, música, grazas ao grupo Penaguda!, baile, xogos e, como non, castañiñas ricas. Un día de outono distinto e disfrutón.