18/7/19

Graduación de 6º curso

E chegou o momento de despedir ao alumnado de 6º curso, é una mistura de ledicia e tristura...Ledicia polo camino percorrido, polo esforzó e os logros conseguidos e tristura porque este gran grupo de nenos e nenas vanse do noso colexio, porque os nosos peques xa son homiños e mociñas que deben empezar una nova etapa noutro centro.
Moita sorte meus pequechos e xa sabedes que aquí sempre seredes ben recibidos, non vos esquezades que o máis importante é que sexades boas persoas e desexamos que nos lembredes sempre co mesmo agarimo co que nós nos lembraremos de vós.
SODES GRANDES E MOI IMPORTANTES, e non consintades que ninguén vos faga pensar nunca o contrario!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario