27/11/17

Carreira de Campo a través

O pasado venres celebrouse nos arredores da praia de Baltar (Portonovo) a primeira proba clasificatoria para o campionato provincial de campo a través escolar, correspondente ao programa XOGADE. Ata alí nos desprazamos máis dun centenar de alumnos e alumnas do centro, correspondentes aos cursos de terceriro cuarto quinto e sexto de primaria.

Un total de 7 nenos e nenas clasificáronse entre os 10 primeiros. Cabe salientar a victoria da alumna de 3ºA Lara González na categoría benxamín feminina, e a segunda posición de Hugo Meis na categoría benxamín masculina.

Os rapaces e rapazas puideron desfrutar dunha mañá soleada e dun entorno magnífico para a práctica deportiva.


No hay comentarios:

Publicar un comentario