31/5/15

O Ceip Coirón recibe o Olloboi On-Line co videoclip Maruxa

Onte unha representación de familias, alumnos e alumnas e mestres/as do Ceip Coirón vivimos unha xornada moi especial e chea de emocións positivas na entrega de premios da Gala Olloboi en Boiro.

Entre nervios e risas tivemos que esperar a que entregaran oito premios dos dez que repartían e ver o noso viveoclip nominado cinco veces para que nos chegara o turno de subir a buscar o noso galardón, entregáronnos o Olloboi On-line iso quere dicir que fomos o vídeo mais votado, polo que temos que dicirvos a todos e todas os que nos votastes MOITAS GRAZAS!!!

O noso agradecemento tamén á organización dos Olloboi, é increible o que se pode lograr con traballo e ilusión.

E como non, darlle as grazas ás familias e mestres/as que se desprazaron a Boiro xa que ainda que foi unha experiencia inolvidable pero foi tamén agotadora.O papel de representantes da nosa comunidade educativa foi perfecta!!
Seguiremos traballando un pouquichiño mais cansos, pero iso si cun sonriso e con moitas ganas de seguir sendo un centro con moita vida e ledicia, superar isto vai ser difícil pero poremos moita enerxía en intentalo.

GRAZAS de todo corazón por apoiarnos e crer no que facemos!!

Aquí tedes unha boa mostra das fotos de onte, mirade que caras de felicidade!!

Novas na prensa: La Voz de Galicia (Edición Barbanza)

No hay comentarios:

Publicar un comentario