29/12/15

Os Reis Magos e os pequechos do Ceip Coirón

Aproveitamos para darlles as grazas a os Reis por vir a visitarnos e todo o profesorado do CEIP Coirón queremos desexarvos unas moi Felices Festas e que os Magos de Oriente vos traian moitos presentes e sobre todo felicidade ás vosas casas!!

Os Reis Magos e os rapaces e rapazas de Primaria

15/11/15

Un paseo polo túnel do medo!!

...
Para poder ver e descargar as fotos que vos interesen só tedes que ir a este enlace: O túnel do medo 2015

4/11/15

As familias de Dena: artistas nos deseños de cabazas!!

Unha vez mais debemos agradecer ás familias a gran acollida e a participación no Concurso de Cabazas. Cada ano non deixa de sorprendernos a vosa capacidade creativa e o esmero con que tallades cada unha destas marabillas. GRAZAS!! GRAZAS!! E GRAZAS!!






Un Samaín- Halloween arrepiante

O Samaín chegou ao Ceip Coirón, chegou e fíxonos tremer de medo, dar berros arrepiantes e hasta correr escapando dos monstros do túnel do medo...Non faltou detalle, todos os espíritus malignos viñeron visitarnos... Medo pasamos un chisco pero canto nos rimos!!

23/6/15

Lectores olímpicos

Recoñecemento e agasallo para os alumn@s que máis libros leron da biblioteca.

Premio ao bo comportamento

Recoñecemento ao bo comportamento á hora de facer filas e desprazarse polo centro.

Graduación Primaria

Os de sexto curso tamén remataron a súa estancia neste cole e así de felices posaron para o fotógrafo.

Graduación Infantil

Os maiores de Educación Infantil xa remataron unha etapa que queda recollida nestas imaxes.

Bailes voluntarios

Os maiores quixeron aportar as súas coreografías para animar a festa de fin de curso.

Baile grupal de fin de curso

Rafa, o mestre de música, volveu preparar outra coreografía na que participa todo o colexio.

BAILE DE MARUXA

Todo o colexio participou bailando a canción de Maruxa.

19/6/15

FESTA DAS POMPAS

A ilusión e a ledicia debe estar sempre onde están os nenos...
Cremos que o día de hoxe será moi difícil de esquecer para todos no noso colexio, por primeira vez tivemos un espectáculo de pompas de xabón para desfrute de grandes e pequenos.
Foi fantástico!!
Mirade que ben o pasamos!!
 

9/6/15

Carreira no Abrente 2015

Hoxe estivemos no Abrente en Portonovo para participar na súa Carreira anual. Fomos a maior parte da Primaria e a pesar do calor podedes ver que campeón temos no colexio!!


3/6/15

2º Pase de Cocorico

Esta mañán os nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º puideron ver a representación de Cocorico interpretada polo Equipo de Contos.
Pasámolo de medo, canto artista hai neste colexio!! Ao rematar a rapazada subeu ao escenario a bailar ao ritmo de Cocorico e o Gato Pelado.
Unhas fotiños poden mostrarvos mellor o ben que o pasaron...

 

31/5/15

O Ceip Coirón recibe o Olloboi On-Line co videoclip Maruxa

Onte unha representación de familias, alumnos e alumnas e mestres/as do Ceip Coirón vivimos unha xornada moi especial e chea de emocións positivas na entrega de premios da Gala Olloboi en Boiro.

Entre nervios e risas tivemos que esperar a que entregaran oito premios dos dez que repartían e ver o noso viveoclip nominado cinco veces para que nos chegara o turno de subir a buscar o noso galardón, entregáronnos o Olloboi On-line iso quere dicir que fomos o vídeo mais votado, polo que temos que dicirvos a todos e todas os que nos votastes MOITAS GRAZAS!!!

O noso agradecemento tamén á organización dos Olloboi, é increible o que se pode lograr con traballo e ilusión.

E como non, darlle as grazas ás familias e mestres/as que se desprazaron a Boiro xa que ainda que foi unha experiencia inolvidable pero foi tamén agotadora.O papel de representantes da nosa comunidade educativa foi perfecta!!
Seguiremos traballando un pouquichiño mais cansos, pero iso si cun sonriso e con moitas ganas de seguir sendo un centro con moita vida e ledicia, superar isto vai ser difícil pero poremos moita enerxía en intentalo.

GRAZAS de todo corazón por apoiarnos e crer no que facemos!!

Aquí tedes unha boa mostra das fotos de onte, mirade que caras de felicidade!!

Novas na prensa: La Voz de Galicia (Edición Barbanza)

26/5/15

LETRAS GALEGAS 2015

O pasado venres tivemos o Festival das Letras Galegas. Nel houbo cabida para todo tipo de "artistadas": cancións, bailes, musicais, anuncios, recitado de poemas, obras de teatro...Todo isto misturado coas novas tecnoloxías, co Plan Proxecta, e sobre todo con moito sentido do humor.
Deixámosvos aquí unha mostra en fotos de todo o que se fixo...Pero sobre todo o mellor foi o ben que o pasaron os/as cativos/as



10/5/15

MARUXA

Xa podedes ver o videoclip que se gravou no noso cole coa participación dos nenos e nenas de infantil, 1º, 2º e 4º curso.
Dado que quedou tan ben feitiño imos participar con el nun concurso que se chama OLLOBOI, queremos que sexa o vídeo mais votado e para iso precisamos da vosa axuda. Primeiro mirade o vídeo e se pensades que merece gañar so tedes que ir ao enderezo que vos deixamos a continuación e cubrir os datos que vos piden,
RECORDADE QUE O VÍDEOCLIP chámase MARUXA.
Os nosos agradecementos a Rafa, sen ti isto non sería posible, e lóxicamente a todos os artistas que participan nesta marabilla

 
Maruxa from Ceip Coiron on Vimeo.

Para votar: https://docs.google.com/forms/d/1VLbaAGjMo-H0i61BVitqcoZnx6t6Uxt6qd9Tb9Ua6aQ/viewform?fbzx=5139188799725874659

29/4/15

TARDE DE CONTOS COCORICO

Que ben o pasaron os pequechos o pasado mércores con esta tarde de contos na que puideron ver esta versión de Cocorico interpretada por profesorado do CEIP COIRÓN

22/4/15

Teatro Caracol 2015. BATMAN

O Pasado mércores fomos a Cambados a ver a nova obra do Teatro Caracol. Os nenos e nenas do noso colexio disfrutaron moitísimo con esta nova prodrución, riron, participaron, cantaron e aplaudiron a rabear. Dende aquí queremos agadecerlle a Caracol que ano tras ano nos faga desfrutar do seu gran traballo altruista, lúdico e didáctico. Sodes uns cracs!!!


 

6/3/15

Resumo do entroido 2015

Para os que querades so ver un pequeno resumo do noso entroido podedes ver un par de fotos de cada grupo na seguinte presentación, veredes que guapos e guapas estaban estes nenos e nenas de Dena