15/6/12

Visita do Refuxio de animais de Cambados

Onte o alumnado de 1º ciclo tivo unha visita moi especial. Olga e Rosi contáronnos contos sobre canciños abandonados e dixéronnos como tiñamos que coidar dos nosos animais.



 Pero as protagonistas deste encontro foron tres seres marabillosos, tres cadeliñas moi simpáticas e divertidas: Bella, Magui e Anni. Pasámolo moi ben con elas e enchémolas de agarimos. Grazas a vós as cinco agora sabemos un pouquiño mais dos nosos animais e seguro que o teremos en conta.
Grazas tamén ao Refuxio de Cambados pola vosa boa disposición!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario