15/12/12
12/12/12
A decoración do Nadal
Todo o noso centro está xa listo para recibir o Nadal e todos traballamos moito para que quedase así de bonito...
Magic Beans
Fai pouco que os nenos e nenas de 1º ciclo tiveron a ocasión de ir ao Auditorio de Vilagarcía para disfrutar dunha magnífica obra de teatro en inglés: Magic Beans( Fabas máxicas). Os actores estiveron fantásticos e os nosos nenos/as moi participativos pois coñecían á perfección as cancións da obra e isto permitiulles ser parte desta maxistral posta en escea.
Aquí vos deixamos con algunha fotos que reflexan o que eles viviron nese día.
Esperamos que vos gusten!
Aquí vos deixamos con algunha fotos que reflexan o que eles viviron nese día.
Esperamos que vos gusten!
11/12/12
11/11/12
Magosto 2012
No magosto tivemos tempo para xogar, bailar, cantar, comer castañas e sobre todo divertirnos cos nosos compañeiros e compañeiras...
4/11/12
Un Samaín de medo!
Este Samaín-Halloween foi realmente terrorífico no noso colexio. So tedes que botar unha ollada aos corredores e as clases para comprobalo...
Pasámolo moi ben facendo distinto tipo de actividades...
Pasámolo moi ben facendo distinto tipo de actividades...
28/10/12
O señor mago e a folla
Nova creación do Grupo de Contos. Cunha introdución de Ronaldo e a colaboración dos nenos e nenas do Colexio
4/10/12
Concerto Didáctico
A semana pasada tivemos unha visita moi especial. Os mozos e mozas da Escola de Música de Meaño viñeron ao colexio a interpretar un concerto didáctico no que nos presentaron os distintos instrumentos ao tempo que nos contaron un conto: " O País de Musilandia"
É unha boa maneira de darlle benvida ao novo curso escolar
É unha boa maneira de darlle benvida ao novo curso escolar
26/6/12
Fin do curso 2012
O venres fixemos varias actividades no Salón de actos, sobran as palabras, foi unha mañán cheiña de emocións...
- Entrega de premios aos nenos e nenas do colexio que mai libros da biblioteca leron ao longo deste curso. - Visionado dos traballos de Normalización Lingüistica dentro do Proxecto da Multiculturalidade ( podedes velos no blogue "O galego no Ceip Coirón)
- Acto de graduación dos alumnos de 6º curso
- Acto de graduación dos alumnos de infantil
- Despedida dos profesorado que xa non estará con nós o curso que ven.
Entrega de premios da man de Nuria, a Coordinadora da Biblioteca
Graduación dos alumnos/as de 6º
Graduación dos alumnos/as de infantil
Despedida dos profesores/as

21/6/12
Concerto da Banda de Música Infantil de Meaño
Este martes tivemos unha visita moi especial, os nenos e nenas de Banda de Música de Meaño viñeron a darnos un concerto.
Foi xenial, fixémolo no patio e interpretaron varias pezas. Tiñan ademais unha presentadora que nos foi contando un conto ¡dunha leituga!
Resultou unha actividade moi lúdica e entrañable.
Grazas a estos fantásticos artistas!!!!

15/6/12
Visita do Refuxio de animais de Cambados
Onte o alumnado de 1º ciclo tivo unha visita moi especial. Olga e Rosi contáronnos contos sobre canciños abandonados e dixéronnos como tiñamos que coidar dos nosos animais.
Pero as protagonistas deste encontro foron tres seres marabillosos, tres cadeliñas moi simpáticas e divertidas: Bella, Magui e Anni. Pasámolo moi ben con elas e enchémolas de agarimos. Grazas a vós as cinco agora sabemos un pouquiño mais dos nosos animais e seguro que o teremos en conta.
Grazas tamén ao Refuxio de Cambados pola vosa boa disposición!!!

13/6/12
Educación Vial Primaria
Aquí temos o LIM feito coas fotos que as familias nos fixéchedes chegar. Espero que vos guste e que o pasedes ben xogando con el.
6/6/12
16/5/12
Martín e o lapis máxico
Que ben o pasamos á mañán toda primaria nesta marabillosa posta en escea de "Martín e o Lapis máxico" actividade realizada para conmemorar o Día das Letras Galegas
Mirade as fotos e comprobádeo por vós mesmos..
O noso agradecemento ao Concello de Meaño por enviarnos a estos magníficos actores e animadores!!!
O noso agradecemento ao Concello de Meaño por enviarnos a estos magníficos actores e animadores!!!
10/5/12
12/2/12
2/2/12
A castaña que rebentou coa risa.
Os nenos de 5 anos A do CEIP Coirón-Dena teñen a súa teoría sobre as dúas cores da pel das castañas.
Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de reis
Neste videoconto participan a maioría dos alumnos do CEIP Coirón-Dena:
uns fan a música, outros aportan os debuxos, outros interpretan as
personaxes... Trátase dunha actividade divertida e orixinal coa que
celebramos o Nadal 2011.
Traballo realizado a partires do conto de Chema Heras (coas ilustracións de Kiko Dasilva). Nel participan a maioría dos alumnos do CEIP Coirón-Dena (interpretación de personaxes, debuxos, música,etc).

31/1/12
Cocorico.wmv
Cocorico é un pitiño que non atende aos consellos da súa nai, e logo pasa o que pasa. O CEIP Coirón-Dena recrea este conto e, ao final, achega a auténtica receita do biscoito de Cocorico.
9/1/12
Suscribirse a:
Entradas (Atom)