26/3/23

VISITA DO HEMATOCRÍTICO

Recibimos ao Hematocrítico na nosa Bibioteca Raticonto. Os e as peques do cole lemos dous dos seus libros, "Gaivota Gourmet", a historia da gaivota Mori á que lle encanta comer sempre no mesmo restaurane, o patio do cole! e "Un can" que conta a historia de Moncho que é un can aínda que algúns non queiran recoñecelo. Preparamos o espazo lector coas nosas creacións para o día da visita. Quedou ben bonitiña! O hematocrítico falounos das súas publicacións e agasallounos cunha riquísima galleta e, por suposto, firmou os nosos exemplares... Que mañá tan divertida...e rica, rica!!! MIRADE COMO TRABALLAMOS E QUE CHULA QUEDOU A BIBLIOTECA...SABOROSA GALLETA!!! GRAZAS HEMATOCRÍTICO!!!
 

PRESENTACIÓN NA NOSA BIBLIOTECA


   
 FIRMA DOS NOSOS LIBROS
 

8 DE MARZO

FOTOS DE GRUPO
 

19/2/23

UNHA SEMANA DE RATICOMANDAS

Unha semana chea de disfraces... é que, o noso Raticonto tivo unhas ideas moi chulas para as comandas deste ano onde sentindo onde vivimos tapamos a cabeza, mimetizámonos coa nosa contorna e ata apagamos incendios!!!Chegou así o xoves onde cadaquén ataviouse como desexou e logo...día grande... o defile do venres...CONTINUARÁ...

11/2/23

Xornadas de multideporte

Días para compartir a práctica de distintos deportes con compañeiras e compañeiros doutros centros da nosa zona.

28/12/22

OBRADOIRO DE GÓSPEL

Mércores, 14 de decembro, visítanos Diana Tarin, cantante, mestra de canto, cubana de nacemento, galega de adopción, para ofrecernos un obradoiro cheo de música e baile.