31/10/22
Un Samaín arrepiante!!!
O pasado venres celebramos o esperado Samaín...Entre sustos e sustazos pasámolo de medo...de medo medroso...Xa queda menos para o vindeiro!!!
23/9/22
Un novo curso por diante...
Comeza un novo curso, e de seguro cheo de sorpresas e boas novas, un curso por fin normalizado e coas pilas recargadas despois dun verán festeiro e con moito movemento. Miade que cariñas de ledicia e bo ánimo traen todos e todas.
27/6/22
Festa de Fin de Curso
Festexamos o fin de curso por todo o alto, con inchables, música e moitas actividades divertidas.
20/6/22
Os de 6º de Infantil xa van para Primaria
Como di a canción as nenas e nenos de 5 anos nos despedimos do mandilón e do patio de Infantil. Pero nos imos sorrindo e bailando así que non te perdas o vídeo da nosa graduación!
Os maiores do centro se gradúan.
As nenas e nenos de 6º de Primaria se graduaron este mércores e fixemos unha entrega de diplomas moi divertida (con baile e sorpresas).
18/6/22
CONCURSO "XOGA COAS MANCIÑAS"
O mércores 15, a Deputación de Pontevedra acolleu a entrega dos premios do V Concurso "Xoga coas manciñas" impulsado pola Organización de Diversidade Sensorial de Galicia Xoga polo Día Nacional das Linguas de Signos. O noso centro participou co vídeo gravado co gaio da celebración do Día Internacional da Paz e non Violencia no que o alumnado interpretaba, coa linguaxe de signos, o tema "Chea de Vida" , de Guadi Galego. Acadamos o segundo posto no apartado de Centros. Alá fomos unha representación do colexio recoller o noso galardón.
4/6/22
I XORNADA DE VELA
O venres, 3 de xuño, as nenas e os nenos de 4º marchamos ao Náutico de Sanxenxo practicar o que nos ensinaron o pasado xoves sobre a navegación a vela.
Unha actividade apaixonante dentro do XOGADE.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)